Comezamos a semana cunha visita que moito nos gustou...
O pai dunha compañeira de primaria trouxo un exemplar dun ourizo, ourizo cacho ou ourizo cacheiro ou porco espiño (temos onde elexir), unha especia autóctona e protexida que podemos atopar nas lindes das hortas, nos bosques ou zonas montañosas.
Durante a visita foron moitas as dúbidas e preguntas que xurdiron:
-Qué comen?: Comen de todo, pero preferentemente insectos, miñocas, caracois, pequenos ratos, etc. Son omnívoros.
- É macho ou femia?: É femia, as femias son máis grandes xa que levan ás crías dentro e tamén lles da de mamar. É un animal mamífero.- Qué fai o macho?: Constrúe a casa cavando na terra para facer un burato.
-Cómo se defende?: Cando vé algo perigoso pónse coma unha pelota e saca unhas púas que realmente fan dano.
No hay comentarios:
Publicar un comentario