A outra metade do grupo tamén tivo a oportunidade de experimentar cos materiais propostos...saíron cousas moi interesantes: naves espaciais, conversas,, traballo en equipo, creatividade, lóxica, series....
Xa que estamos no século XXI teremos tamén que investigar sobre a arte contemporánea. Neste caso experimentamos a través das instalacións ou performance.
Nesta modalidade o protagonista non é o autor da obra nin a obra en sí, senón o espectador.
Trasladamos esta proposta á nosa aula, e sentamos a observar o que ocorre. Como se moven os nenos, que materiais utilizan, como o corpo comeza a coller protagonismo e se apropian do espazo, ordenándoo e relacionándose entre si. Facendo ARTE, como eles dicían ao rematar a sesión.
Dividimos o grupo, xa que cun número reducido todas as experiencias son máis enriquecedoras. Ao rematar fixemos un debuxo representando o que cada un viviu.
Disfrutade vendo o vídeo, decidín subilo porque o estar a cámara rápida non se aprecian as caras, se preferides que o quite facédemo saber.
PD. A actividade levouse a cabo durante 40 minutos aproximadamente)
Coñecimos unha nova forma de facer arte: as esculturas.
Hainas diversas: de pedra, metal, vidrio...Nós escollimos ésta de Joan Miró polas súas cores. Como na arte non todo pode ser o que parece, primeiro tiveron que pensar que era aquilo que estaban vendo:
Como curiosidade: foi a última obra do autor aos seus 90 anos, representa a unha muller cun sombreiro e un paxaro enriba de todo. Está no parque Joan Miró en Barcelona, mide 22 metros de altura e en catalán chamase "Dona i ocell" Na aula fixemos a nosa propia versión: 1º Decoramos con papeliños das cores da obra o rolo de cartón. 2º: Enchimos unha botella de auga e viruta de cores. 3º: fixemos o paxaro.
Como xa sabedes, a semana que comeza no cole abriremos as portas para que poidades virnos contar un contiño para festexar a semana do libro. Desde a aula, decidimos que tamén queremos facer algo especial, así que:
imos escribir un conto inventado por nós.
O primeiro que fixemos foi pensar quen podería ser o protagonista da historia. Así, cada un, deu renda solta á imaxinación e estas foron as propostas:
Unha árbore vermella
O tren toro
Sol, erizo e señor
Familia de leopardos
Unha flor que se perdeu no bosque
Unhas gafas
George e Ana, nenos perdidos na selva
Jose
Un neno e unha árbore
Pai e fillo que van á feira
Sol, Flor e os seus amigos
Superman
Garfo máxico
Un toro
Unicornio e gatito
Unicornio
O meu avó
Un tigre
A elección fixémola mediante unha votación, cada un podía votar a un personaxe (menos ao propio). Con 4 votos o elexido foi:
Na nosa viaxe polo mundo da arte, tivemos unha parada no camiño para coñecer a persoas que debido ás súas discapacidades, teñen que facer obras de arte dun xeito especial.
Fani organizou un taller que resultou moi fermoso, divertido e que nos fixo a todos poñernos no lugar dos demáis.
Despois de ver como pintan persoas que non poden utilizar as mans, ou tamén persoas que non ven ben, dividimos a aula en tres grupos e tivemos que pintar de distintas maneiras...
PINTAMOS CON PINCEL COS PÉS
NON FOI DOADO, a prensión cos pés é mais comoplicada que coas mans....e ao final, moitos decidiron deixar o pincel....e....a pintar directamente cos pés!!!
PINTAMOS COA BOCA
DESPOIS, descubrimos que as persoas que non poden ver moi ben, teñen unha maneira distinta de escribir utilizando puntiños. Así saben de que cor poden pintar.
Tivemos que pintar cunhas gafas especiais que non nos deixaban ver....era moi complicado acertar a mollar o pincel!!!