Mostrando entradas con la etiqueta expresión plástica. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta expresión plástica. Mostrar todas las entradas

jueves, 12 de mayo de 2016

Muller e paxaro

Coñecimos unha nova forma de facer arte: as esculturas.
Hainas diversas: de pedra, metal, vidrio...Nós escollimos ésta de Joan Miró polas súas cores. Como na arte non todo pode ser o que parece, primeiro tiveron que pensar que era aquilo que estaban vendo:




Como curiosidade: foi a última obra do autor aos seus 90 anos, representa a unha muller cun sombreiro e un paxaro enriba de todo. Está no parque Joan Miró en Barcelona, mide 22 metros de altura e en catalán chamase "Dona i ocell"

Na aula fixemos a nosa propia versión: 

Decoramos con papeliños das cores da obra o rolo de cartón.
2º: Enchimos unha botella de auga e viruta de cores.
3º: fixemos o paxaro.

 
 









jueves, 14 de abril de 2016

ARCIMBOLDO


A nosa seguinte parada pola ARTE, é en ITALIA! Coñecemos a Arcimboldo e a súa versión sobre a PRIMAVERA

PICA NA IMAXE E APRENDE MÁIS



Comezamos por ver o cadro e comentalo. Logo fixemos unha foto de perfil para poder facer a nosa versión. E puxémonos mans a obra:

 -Para facer o borde  tivemos que facer unha secuencia lóxica (serie) con tres elementos. Cada un decidiu como sería a súa.
LOGO PEGAMOS O NOSO PERFIL


E SÓ NOS FALTA BUSCAR FLORES E MÁIS FLORES...



  

E agora....a esperar a que chegue de verdade a nosa PRIMAVERA!








miércoles, 6 de abril de 2016

Comedeiro de paxaros

Como facelo:
-Precisamos:


Paíños de madeira, corda e cola





PRIMEIRO (1º): Pensamos como o poderemos facer.


SEGUNDO (2º): FACEMOS UN SOPORTE EN CARTÓN OU CARTOLINA. Colocamos os paos.


TERCEIRO(3º): COLOCAMOS DOUS PAOS PARA QUE SE POSEN OS PAXAROS A COMER



CUARTO (4º): FACEMOS UN CADRADO POLO BORDE E ELEVAMOS O CONTORNO



QUINTO (5º): POÑEMOS A CORDA E LISTO!


Se picades na imaxe haberá máis instruccións







martes, 8 de marzo de 2016

ARTE e DISCAPACIDADE



Na nosa viaxe polo mundo da arte, tivemos unha parada no camiño para coñecer a persoas que debido ás súas discapacidades, teñen que facer obras de arte dun xeito especial.

Fani organizou un taller que resultou moi fermoso, divertido e que nos fixo a todos poñernos no lugar dos demáis.

Despois de ver como pintan persoas que non poden utilizar as mans, ou tamén persoas que non ven ben, dividimos a aula en tres grupos e tivemos que pintar de distintas maneiras...


PINTAMOS CON PINCEL COS PÉS











NON FOI DOADO, a prensión cos pés é mais comoplicada que coas mans....e ao final, moitos decidiron deixar o pincel....e....a pintar directamente cos pés!!!
PINTAMOS COA BOCA
 DESPOIS, descubrimos que as persoas que non poden ver moi ben, teñen unha maneira distinta de escribir utilizando puntiños. Así saben de que cor poden pintar.
Tivemos que pintar cunhas gafas especiais que non nos deixaban ver....era moi complicado acertar a mollar o pincel!!!




Algún trampulleiro...

PINTAMOS ELEXINDO A COR
CON CÓDIGO BRAILLE



domingo, 6 de marzo de 2016

Poemas de Espantallo (III)

- EU NON ESTOU NADA TRISTE
NIN ME APETECE CHORAR
- POIS TI CORTA UNHA CEBOLA
E VERÁS QUE PENA DÁ

Cebola, alimento que prantamos na horta e que nos achega un novo sentimento.... a TRISTEZA!.
Coa técnica do estampado, pelamos unha cebola, ulímola, vimos as súas capas e....




 

 




Tamén fixemos o noso poema empregando papel cebola e calcando o debuxo...