Mostrando entradas con la etiqueta votacións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta votacións. Mostrar todas las entradas

domingo, 20 de diciembre de 2015

Facemos unha votación

Hoxe vouvos  contar un bo exemplo de porqué  o blog se chama  DO REVÉS

Cóntovos isto nun día tan significativo coma hoxe.

Como sabedes estivemos a traballar o Nadal, os costumes, as persoaxes, as postais...etc. Na asamblea do xoves, un día calqueira,  miramos o calendario, día 17: o día que vai vir o carteiro a buscar as nosas postais para enviar ás casas. Eles/as xa saben que nestes días hai que comprobar o buzón para ver se chegan ou non chegan.

Pois cando estabamos en plena conversación sobre o funcionamento do correo postal, Lucas compartiu connosco un detalle que non esperabamos:

- "En el buzón de mi casa llegó una carta para elegir al encargado del país".

E qué pasou a continuación? Pois que a mañá xa non podía acontecer como tiña pensado...

1º: Cal é o noso país: ESPAÑA
2º: Que é unha votación? Elexir alguén que nos represente por maioría
3º: Que son os votos. 
4º: Con cantos anos se pode votar: Con 18. Fixemos a conta: se temos 4, contamos canto falta ata 18: dentro de 14 anos poderemos votar.

O seguinte que tivemos que facer foi, loxicamente, reproducir unha votación, xa que o mellor xeito de aprender as cousas é facendoas.

Como o "pato" do reciclaxe estaba moi cheo decidimos votar quen ía axudar a María (a nosa encargada) a levalo fóra.

Repartimos papeletas, lapis, e improvisamos unha urna. Fixemos o reconto e....

A maioría (con 7 votos) elexiu a Tomás como axudante de María.



 




E....onde quedaría a visita do carteiro....????