Mostrando entradas con la etiqueta linguaxes. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta linguaxes. Mostrar todas las entradas

lunes, 26 de octubre de 2015

Samaín

O Samaín e unha celebración de orixe celta coa que os nosos antergos festexaban o paso do verán ao inverno. Nesta celebración era costume poñer caveiras dos inimigos ou cabazas/calacús para afastar aquelo que lle daba medo.
Para comezar a traballar este tema, que ás veces nos da un pouco de "medo" e no que poden aparecer pesadelos...imos xogar coa luz e a escuridade, contar contos de esas persoaxes que tanto nos inquedan (coma os lobos ou as meigas) e manipular e experimentar coas manualidades e coas cabazas...
COMEZAMOS!

1. CALABAZA:¿Cantas letras ten?¿qué letras ten? ¿qué nomes empezan por cada unha desas letras?




TRABALLAMOS A LETRA DO MEDO E DOS SUSTO:
  UUUUUUUuuuuuuuuu!!!


2. Luz-escuridade e asociámolo ás cores branca e negra
 

3. Eleximos a cor para facer unha manualidade...¿qué será?

O caracol de Matisse (II)

Seguimos a traballar as cores a partires do cadro de Matisse. Desta vez utilizamos a técnica do "collage"...
Pero primeiro tivemos que repasar as liñas rectas para debuxar o cadro,

 para logo comezar a pegar os papeliños nos espazos que lle correspondían segundo a cor.


domingo, 18 de octubre de 2015

O caracol de Henri Matisse

Esta semana descubrimos un amigo de Remoldiño un tanto especial...cheo de cores e de figuras xeométricas....o "caracol" de Matisse...
  

A través deste cadro ímonos adentrar no mundo da arte e así descubrir técnicas plásticas ao tempo que aprendemos contidos lóxico-matemáticos...
1. As cores: cales aparecen no cadro? cantas? e escollemos as cartolinas.
2. Como é un cadrado?... Prácticamos a técnica coa que traballaba o artista, así que...
ímos recortar...!
Vega explicou como facelo...
- "Recortamos una tira larga y luego recortamos asi"


3. Clasificamos atendendo a un criterio: a cor


Aínda queda moito por facer.... como facer cadanseu caracol seguindo a serie lóxica: