Experiencias en educación infantil. Cousiñas que ás veces saen "do Revés", porque cos nenos/as todo pode pasar...
Mostrando entradas con la etiqueta animais. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta animais. Mostrar todas las entradas
jueves, 2 de junio de 2016
sábado, 28 de mayo de 2016
Aldea Nova
Aquí vos deixo unhas imaxes da excursión do pasado mércores á granxa escola de Aldea Nova, onde realizamos diferentes obradoiros como facer pan, prantar no invernadoiro, visitar os panais de abellas e aprender a facer unha vela coa sua cera, e visitar as cuadras e establos dos cabalos.







E...ADEMÁIS, FESTEXAMOS O CUMPLE DE HÉCTOR!
CROCODRILO
sábado, 21 de mayo de 2016
O tiburón martelo
COMEZAMOS CO MUNDO DOS ANIMAIS
Dentro duns días visitaremos a granxa-escola e queremos ser uns expertos en todo tipo de animais.
O que estamos a facer son pequenas investigacións e busqueda de información a través dos materiais que estades a aportar, libros da biblio e na rede.
O traballo final é un album de "cromos" co animal que elexiu cada neno e nena, xunto cunha "ficha técnica" con algúns datos: alimentación, habitat, reproducción...
LUCAS ELEXIU: TIBURÓN MARTELO
Despois de pegar cada un o seu cromo, debuxamos o noso propio tiburón martelo






sábado, 23 de abril de 2016
Unha eiruga moi larpeira
Xa hai días que Teacher Manu, agasallounos cunha caixiña chea de....OVOS diminutos dos que nos contou que ían saír unhas pequenas eirugas.
Os ovos son TAN diminutos que precisamos dunha lupa para poder velos un pouquiño mellor. Aquel día Manu, explicounos o que lle aconteceu a unha Eiruga moi larpeira a través deste conto:
Coa chegada da primavera....dos ovos saíron....moitas eirugas pequeniñas e con moita moita fame!!!!
PERO? QUE COMEN?
Comen follas da árbore da Moreira
SEGUIREMOS OBSERVANDO COMO CRECEN...
martes, 20 de octubre de 2015
Unha visita especial
Comezamos a semana cunha visita que moito nos gustou...
O pai dunha compañeira de primaria trouxo un exemplar dun ourizo, ourizo cacho ou ourizo cacheiro ou porco espiño (temos onde elexir), unha especia autóctona e protexida que podemos atopar nas lindes das hortas, nos bosques ou zonas montañosas.
Durante a visita foron moitas as dúbidas e preguntas que xurdiron:
-Qué comen?: Comen de todo, pero preferentemente insectos, miñocas, caracois, pequenos ratos, etc. Son omnívoros.
- É macho ou femia?: É femia, as femias son máis grandes xa que levan ás crías dentro e tamén lles da de mamar. É un animal mamífero.- Qué fai o macho?: Constrúe a casa cavando na terra para facer un burato.
-Cómo se defende?: Cando vé algo perigoso pónse coma unha pelota e saca unhas púas que realmente fan dano.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)









