Mostrando entradas con la etiqueta sentidos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta sentidos. Mostrar todas las entradas

martes, 8 de marzo de 2016

Os poemas de Espantallo (IV)

Último poema!!

OS MELLORES CARAMELOS
SEMPRE SON OS VEXETAIS
LARANXA, LIMÓN E MENTA
SON OS QUE ME GUSTAN MÁIS



O primeiro que fixemos para traballar este poema, foi coñecer a MENTA, unha herba aromática que incorporamos ao noso novo recuncho. Puxemos un letreiro para o ANIS e outro para a MENTA, para así diferencialo. (Por certo, o anís xa está brotando).
Ulimos a menta e aprendimos a tocala a modo, frotando un pouco as follas para poder apreciar máis o seu aroma, sen mancala e sen llas sacar.



E que mellor que utilizar estes ingredientes para facer unha receita moi saudable:    
LIMONADA!!

 


Para os que fagades a receita na casa, nós tivemos que botar un pouco máis de azucre. Así que segun os vosos gusto engadide máis ou menos.

CONTAMOS 5 LIMONES
ELEXIMOS O AZÚCRE
(branco ou moreno)
EXPRIMIMOS OS LIMÓNS















MEZCLAMOS O LIMÓN COA AUGA
ENGADIMOS O AZUCRE
REMOVEMOS

BRINDAMOS POLO BEN QUE O FIXEMOS























Se queredes, como toque final..podedes engadir unha folliña de MENTA para darlle un pouco máis de sabor.   
BO PROVEITO!

lunes, 22 de febrero de 2016

Pintamos a cegas

Seguimos a descubrir novos materiais e técnicas coas que facer verdadeiras obras de arte...

Desde a semana pasada estamos a probar como sería debuxar sen mirar. Pensando primeiro o debuxo na nosa mente e visualizando as partes daquilo que decidimos debuxar. A orientación espacial (neste caso no papel) non é tan doado cando un dos cinco sentidos non está a traballar: a vista neste caso).

Hoxe en cambio, podíamos mirar o debuxo...pero...oh! co lápiz máxico non viamos nada...precisamos da poción para facer aparecer o noso debuxo: pintura + auga!

Mirade, mirade...