Mostrando entradas con la etiqueta natureza. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta natureza. Mostrar todas las entradas

martes, 31 de mayo de 2016

Cos pés na terra

Hoxe saímos cantar. Por qué non? din que así medrarán máis contentos o noso carballo e castiñeiro.


A canción  "Cos pés na terra", de Brinca vai.
 





sábado, 23 de abril de 2016

Unha eiruga moi larpeira

Xa hai días que Teacher Manu, agasallounos cunha caixiña chea de....OVOS diminutos dos que nos contou que ían saír unhas pequenas eirugas.


Os ovos son TAN diminutos que precisamos dunha lupa para poder velos un pouquiño mellor. Aquel día Manu, explicounos o que lle aconteceu a unha Eiruga moi larpeira a través deste conto:



Coa chegada da primavera....dos ovos saíron....moitas eirugas pequeniñas e con moita moita fame!!!!





PERO? QUE COMEN?
Comen follas da árbore da Moreira



SEGUIREMOS OBSERVANDO COMO CRECEN...


miércoles, 6 de abril de 2016

Comedeiro de paxaros

Como facelo:
-Precisamos:


Paíños de madeira, corda e cola





PRIMEIRO (1º): Pensamos como o poderemos facer.


SEGUNDO (2º): FACEMOS UN SOPORTE EN CARTÓN OU CARTOLINA. Colocamos os paos.


TERCEIRO(3º): COLOCAMOS DOUS PAOS PARA QUE SE POSEN OS PAXAROS A COMER



CUARTO (4º): FACEMOS UN CADRADO POLO BORDE E ELEVAMOS O CONTORNO



QUINTO (5º): POÑEMOS A CORDA E LISTO!


Se picades na imaxe haberá máis instruccións







martes, 8 de marzo de 2016

Os poemas de Espantallo (IV)

Último poema!!

OS MELLORES CARAMELOS
SEMPRE SON OS VEXETAIS
LARANXA, LIMÓN E MENTA
SON OS QUE ME GUSTAN MÁIS



O primeiro que fixemos para traballar este poema, foi coñecer a MENTA, unha herba aromática que incorporamos ao noso novo recuncho. Puxemos un letreiro para o ANIS e outro para a MENTA, para así diferencialo. (Por certo, o anís xa está brotando).
Ulimos a menta e aprendimos a tocala a modo, frotando un pouco as follas para poder apreciar máis o seu aroma, sen mancala e sen llas sacar.



E que mellor que utilizar estes ingredientes para facer unha receita moi saudable:    
LIMONADA!!

 


Para os que fagades a receita na casa, nós tivemos que botar un pouco máis de azucre. Así que segun os vosos gusto engadide máis ou menos.

CONTAMOS 5 LIMONES
ELEXIMOS O AZÚCRE
(branco ou moreno)
EXPRIMIMOS OS LIMÓNS















MEZCLAMOS O LIMÓN COA AUGA
ENGADIMOS O AZUCRE
REMOVEMOS

BRINDAMOS POLO BEN QUE O FIXEMOS























Se queredes, como toque final..podedes engadir unha folliña de MENTA para darlle un pouco máis de sabor.   
BO PROVEITO!

sábado, 28 de noviembre de 2015

O Pazo de Mariñán

Rematamos a semana coa visita ao Pazo de Mariñán. Yolanda, a guía, amosounos o seu interior e explicounos como vivía alí a nobleza hai moitos anos.

Coñecimos a lareira, onde cociñaban e se calentaban, a entrada co seu mobiliario tan elegante, os salóns azul, verde e rosa onde recibían a xente; o comedor (aquí acordámonos de Encarna), e moitos lugares máis...tamén vimos como era un braseiro antigo.

Estaba cheo de cadros xigantes e había moitas obras de arte. Xa no exterior perdímonos entre os laberintos de "Boj", atopamos as camelias cheas de flores e moitas árbores máis.

Ah! Non olvidamos pedir un desexo no "Pozo dos desexos"

 
 



E na aula...