Último poema!!
OS MELLORES CARAMELOS
SEMPRE SON OS VEXETAIS
LARANXA, LIMÓN E MENTA
SON OS QUE ME GUSTAN MÁIS
O primeiro que fixemos para traballar este poema, foi coñecer a MENTA, unha herba aromática que incorporamos ao noso novo recuncho. Puxemos un letreiro para o ANIS e outro para a MENTA, para así diferencialo. (Por certo, o anís xa está brotando).
Ulimos a menta e aprendimos a tocala a modo, frotando un pouco as follas para poder apreciar máis o seu aroma, sen mancala e sen llas sacar.
E que mellor que utilizar estes ingredientes para facer unha receita moi saudable:
LIMONADA!!
Para os que fagades a receita na casa, nós tivemos que botar un pouco máis de azucre. Así que segun os vosos gusto engadide máis ou menos.
 |
| CONTAMOS 5 LIMONES |
 |
ELEXIMOS O AZÚCRE (branco ou moreno) |
 |
| EXPRIMIMOS OS LIMÓNS |
 |
| MEZCLAMOS O LIMÓN COA AUGA |
 |
| ENGADIMOS O AZUCRE |
 |
| REMOVEMOS |
 |
| BRINDAMOS POLO BEN QUE O FIXEMOS
|
Se queredes, como toque final..podedes engadir unha folliña de MENTA para darlle un pouco máis de sabor.
BO PROVEITO!