Mostrando entradas con la etiqueta cores. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta cores. Mostrar todas las entradas

martes, 8 de marzo de 2016

ARTE e DISCAPACIDADE



Na nosa viaxe polo mundo da arte, tivemos unha parada no camiño para coñecer a persoas que debido ás súas discapacidades, teñen que facer obras de arte dun xeito especial.

Fani organizou un taller que resultou moi fermoso, divertido e que nos fixo a todos poñernos no lugar dos demáis.

Despois de ver como pintan persoas que non poden utilizar as mans, ou tamén persoas que non ven ben, dividimos a aula en tres grupos e tivemos que pintar de distintas maneiras...


PINTAMOS CON PINCEL COS PÉS











NON FOI DOADO, a prensión cos pés é mais comoplicada que coas mans....e ao final, moitos decidiron deixar o pincel....e....a pintar directamente cos pés!!!
PINTAMOS COA BOCA
 DESPOIS, descubrimos que as persoas que non poden ver moi ben, teñen unha maneira distinta de escribir utilizando puntiños. Así saben de que cor poden pintar.
Tivemos que pintar cunhas gafas especiais que non nos deixaban ver....era moi complicado acertar a mollar o pincel!!!




Algún trampulleiro...

PINTAMOS ELEXINDO A COR
CON CÓDIGO BRAILLE



jueves, 3 de marzo de 2016

EXPERIMENTAMOS coas cores



CORES E ARTE
....pero...como facer novas cores..?? 
que pasa se SUMAMOS cores???







Con este conto: PEQUENO AZUL E PEQUENO AMARELO, fixemos un experimento moi divertido para ver a consecuencia da mezcla de cores...

(NOS VOS ASUSTEDES SE NA CASA QUEREN BEBER A AUGA DE CORES QUE LEVAN NA MOCHILA)

NECESITAMOS:

1. Tarros de vidrio ou plástico transparente
2. Auga
3. Colorante alimenticio (en calquera super na sección de repostería, non é tóxico)















A EXPERIMENTAR:         AZUL + AMARELO= VERDE 


Probamos tamén en papel con outras cores...



E POR ÚLTIMO....A GRAN OBRA DE ARTE, TITULADA POLOS NENOS E NENAS:

"LLUVIA DE COLORES"
(técnica: GOTEO)

 

PD. A auga que levan tinguida leva unha gota do colorante alimenticio.

martes, 16 de febrero de 2016

Esgrafiado

Hoxe descubrimos unha nova técnica de debuxo: o esgrafiado. Así puidemos usar a cor negra e logo facer "maxia".

Consiste en: encher de distintas cores o papel ou cartolina para logo cubrilo todo con cor negra. Logo cun clip, debuxamos para que aparecesen de novo todas as cores.

 


Unha pequena mostra ...