Mostrando entradas con la etiqueta semana do libro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta semana do libro. Mostrar todas las entradas

sábado, 16 de abril de 2016

Érase unha vez...

Como xa sabedes, a semana que comeza no cole abriremos as portas para que poidades virnos contar un contiño para festexar a semana do libro.

Desde a aula, decidimos que  tamén queremos facer algo especial, así que: 
imos escribir un conto inventado por nós. 

O primeiro que fixemos foi pensar quen podería ser o protagonista da historia. Así, cada un, deu renda solta á imaxinación e estas foron as propostas:




Unha árbore vermella
O tren toro
Sol, erizo e señor


Familia de leopardos
Unha flor que se perdeu no bosque
Unhas gafas

George e Ana, nenos perdidos na selva
Jose
Un neno e unha árbore


Pai e fillo que van á feira
Sol, Flor e os seus amigos
Superman


Garfo máxico
Un toro
Unicornio e gatito
Unicornio
O meu avó
Un tigre





A elección fixémola mediante unha votación, cada un podía votar a un personaxe (menos ao propio). Con 4 votos o elexido foi:

O GARFO MÁXICO!!