Mostrando entradas con la etiqueta poesía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta poesía. Mostrar todas las entradas

martes, 8 de marzo de 2016

Os poemas de Espantallo (IV)

Último poema!!

OS MELLORES CARAMELOS
SEMPRE SON OS VEXETAIS
LARANXA, LIMÓN E MENTA
SON OS QUE ME GUSTAN MÁIS



O primeiro que fixemos para traballar este poema, foi coñecer a MENTA, unha herba aromática que incorporamos ao noso novo recuncho. Puxemos un letreiro para o ANIS e outro para a MENTA, para así diferencialo. (Por certo, o anís xa está brotando).
Ulimos a menta e aprendimos a tocala a modo, frotando un pouco as follas para poder apreciar máis o seu aroma, sen mancala e sen llas sacar.



E que mellor que utilizar estes ingredientes para facer unha receita moi saudable:    
LIMONADA!!

 


Para os que fagades a receita na casa, nós tivemos que botar un pouco máis de azucre. Así que segun os vosos gusto engadide máis ou menos.

CONTAMOS 5 LIMONES
ELEXIMOS O AZÚCRE
(branco ou moreno)
EXPRIMIMOS OS LIMÓNS















MEZCLAMOS O LIMÓN COA AUGA
ENGADIMOS O AZUCRE
REMOVEMOS

BRINDAMOS POLO BEN QUE O FIXEMOS























Se queredes, como toque final..podedes engadir unha folliña de MENTA para darlle un pouco máis de sabor.   
BO PROVEITO!

martes, 16 de febrero de 2016

Os poemas de Espantallo (II)

O segundo poema que nos ensinou Espantallo, fala do anís! Unhas herbas indispensables para facer rosquillas e orellas!


SE A ESENCIA DUNHAS HERBAS
ME PODE FACER FELIZ
É, NAS ROSCAS E AS ORELLAS
UN POUQUICHIÑO DE ANÍS


 







domingo, 24 de enero de 2016

Os poemas de Espantallo



Este é Espantallo...chegou este segundo trimestre para axudarnos na horta xa que hai moita bichería e pensamos que sería unha boa idea.
Na aula, buscamos como facer un de verdade, e mentres recompilamos materiais, imos prácticar facendo un deste tamaño.

Ademaís Espantallo é un romántico e sabe unha morea de poemas da horta, así que tamén imos aprender uns pomas que describen algunhas das características dalgúns alimentos.


Xa estamos a preparar cada un o seu propio libro de poemas, nós xa sabemos o primeiro, agora tócavos!


"Coa redonda cabaza
moito celebrei e rin.
Doces de cabelo de anxo
e a festa do Samaín"