martes, 13 de octubre de 2015

Outono chegou!

Xa levamos uns días a descubrir as características do outono. Fani, ensinounos unha canción:

"Otoño llegó, marrón y amarillo
otoño llegó, hojas secas nos dejó"

Na entrada atopamos follas vermellas, amarelas e marróns, clasificámolas por cores e escollimos a que máis nos gustaba. Logo secámolas e fixemos a nosa propia folla de outono:




Outro rasgo do outono é a chegada dos caracois, que veñen cando chove e que ademáis teñen 4 "corniños", dous son os encargados de ver (os ollos), e os outros dous encárganse de ulir (o sentido do olfacto).
Limos o conto do caracol Remoldiño e dous compañeiros trouxeron uns caracois para que os puidésemos observar.





Seguiremos investigando...cousiñas do outono...


No hay comentarios:

Publicar un comentario