lunes, 5 de octubre de 2015

Proxecto Horta

Levamos uns días investigando e experimentando sobre como comezar a nosa pequena horta, despois de que chegaran a aula unhas vainas de fabas.
O ano 2016 será o ano internacional das legumes, así que aproveitaremos esta temática para traballar todas as competencias.

Comezamos coa pregunta....¿que sabemos sobre a horta?


.- Ten Terra
.- Hai que regala e plantala
.- Hai que enterrar as prantas
.- Plantamos pementos
.- E patacas
.- E tomates

O primeiro que fixemos foi averiguar que había dentro das vainas...

 


Contamos todas as fabas e asociamolas co número que representa esa cantidade: 1, 2, 3 ou 4.







Logo, descubrimos os materiais necesarios e puxemos en práctica os pasos que foron dicindo os nenos e nenas.


Para que non se nos esqueza como iniciamos o proxecto, deixamos por escrito os primeiros coñecementos. Primeiro recortamos as palabras, na pizarra buscamos que palabra correspondía a cada alimento e pegámola. Por último dimos cor aos tomates, patacas e pementos.








No hay comentarios:

Publicar un comentario