Mostrando entradas con la etiqueta excursión. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta excursión. Mostrar todas las entradas

martes, 7 de junio de 2016

Visita ao invernadoiro

Hoxe aprendimos moitas cousas grazas á familia de Uxia (5 anos). Tiña 3 invernadoiros con pementos, cebolas, tomates, allos...

Á volta paramos merendar e xogar un ratiño  no parque "da pista".


sábado, 28 de mayo de 2016

Aldea Nova

Aquí vos deixo unhas imaxes da excursión do pasado mércores á granxa escola de Aldea Nova, onde realizamos diferentes obradoiros como facer pan, prantar no invernadoiro, visitar os panais de abellas e aprender a facer unha vela coa sua cera, e visitar as cuadras e establos dos cabalos.


 

 
 

 


E...ADEMÁIS, FESTEXAMOS O CUMPLE DE HÉCTOR!



lunes, 15 de febrero de 2016

Visita ao Museo de Belas Artes

O venres visitamos o museo de Belas Artes. Alí estábanos a esperar a guía, que con xogos explicounos algunhas cousas curiosas de distintos cadros e artistas.

A primeira sala que visitamos estaba chea de cadros moi antigos onde as persoaxes que neles se vían tiñan unhas carasterísticas moi peculiares: perrucas brancas, colares e luvas eran algúns dos seus complemnentos.


 

Despois tivemos que atopar fragmentos dun cadro de Urbano Lugrís, este pintor debuxou a cidade da Coruña, e neste cadro puidemos ver a Torre de Hércules. Logo tivemos que pintar a nosa propia  torre.

 

Na terceira sala que visitamos atopamos un cadro Xigante, máis alto ca nosa guía. Tivemos que nomear todas as cores que tiña esta obra e logo fixemos maxia coas láminas de cores.



Por último escoitamos a historia de Hércules e o xigante Xerión


Antes de Marchar fixemos a nosa propia obra basandonos nun cadro de Luis Seoane, un pintor galego.


sábado, 28 de noviembre de 2015

O Pazo de Mariñán

Rematamos a semana coa visita ao Pazo de Mariñán. Yolanda, a guía, amosounos o seu interior e explicounos como vivía alí a nobleza hai moitos anos.

Coñecimos a lareira, onde cociñaban e se calentaban, a entrada co seu mobiliario tan elegante, os salóns azul, verde e rosa onde recibían a xente; o comedor (aquí acordámonos de Encarna), e moitos lugares máis...tamén vimos como era un braseiro antigo.

Estaba cheo de cadros xigantes e había moitas obras de arte. Xa no exterior perdímonos entre os laberintos de "Boj", atopamos as camelias cheas de flores e moitas árbores máis.

Ah! Non olvidamos pedir un desexo no "Pozo dos desexos"

 
 



E na aula...