Mostrando entradas con la etiqueta lóxica-matemática. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta lóxica-matemática. Mostrar todas las entradas

jueves, 12 de mayo de 2016

Coctelerá, coctelera...



Outro xogo para entender o proceso das sumas:

Precisamos: números escritos en folios, tapóns e unha coctelera (tarro de cristal no seu defecto).

¿Como xogamos?

Primeiro: asociando o número á súa cantidade, por iso temos sempre á vista canto é o 1, o 2, o 3, etc.
Segundo: Pensamos que queremos sumar. Na pizarra mágnetica escollemos os números e o símbolo +
Terceiro: metemos na "coctelera" os tapóns que corresponden aos números escollidos. Axitamos diciendo: suma, suma, suma, suma....
Cuarto: Baleiramos e contamos os tapóns que temos agora:







jueves, 14 de abril de 2016

ARCIMBOLDO


A nosa seguinte parada pola ARTE, é en ITALIA! Coñecemos a Arcimboldo e a súa versión sobre a PRIMAVERA

PICA NA IMAXE E APRENDE MÁIS



Comezamos por ver o cadro e comentalo. Logo fixemos unha foto de perfil para poder facer a nosa versión. E puxémonos mans a obra:

 -Para facer o borde  tivemos que facer unha secuencia lóxica (serie) con tres elementos. Cada un decidiu como sería a súa.
LOGO PEGAMOS O NOSO PERFIL


E SÓ NOS FALTA BUSCAR FLORES E MÁIS FLORES...



  

E agora....a esperar a que chegue de verdade a nosa PRIMAVERA!








miércoles, 9 de marzo de 2016

NÚMEROS e CANTIDADES

ATA CANTO SABEMOS CONTAR???

PERO...sabemos que cantidade representa cada número???

E...se facemos un xogo de contar? Axudados duns taladros ben bonitos: con formas de bolboreta, mazá, coche...Tivemos que facer tantos burados como poñía no número que nos indicaba...

Pero...e se veñen os de que saben un montón de números e nos axudan? 
Así foi: fixemos 5 grupos para poder facelo por turnos compartindo o material, e cada un dos axudantes maiores encargouse de guiar ao seu pequeno grupo.

 

RESULTADO FINAL...



jueves, 3 de marzo de 2016

EXPERIMENTAMOS coas cores



CORES E ARTE
....pero...como facer novas cores..?? 
que pasa se SUMAMOS cores???







Con este conto: PEQUENO AZUL E PEQUENO AMARELO, fixemos un experimento moi divertido para ver a consecuencia da mezcla de cores...

(NOS VOS ASUSTEDES SE NA CASA QUEREN BEBER A AUGA DE CORES QUE LEVAN NA MOCHILA)

NECESITAMOS:

1. Tarros de vidrio ou plástico transparente
2. Auga
3. Colorante alimenticio (en calquera super na sección de repostería, non é tóxico)















A EXPERIMENTAR:         AZUL + AMARELO= VERDE 


Probamos tamén en papel con outras cores...



E POR ÚLTIMO....A GRAN OBRA DE ARTE, TITULADA POLOS NENOS E NENAS:

"LLUVIA DE COLORES"
(técnica: GOTEO)

 

PD. A auga que levan tinguida leva unha gota do colorante alimenticio.

martes, 1 de marzo de 2016

Iniciacion a suma

Un dos contidos para este trimestre é a iniciación a suma, que pode asustar un pouco se pensamos en que aínda temos 4 anos...case 5...

Pero non é máis que comezar a xogar cos números contando cantidades...así é máis doado para eles e elas, e xogando van interiorizando o proceso de acumular obxectos.

Así, na aula sempre estamos a contar cousas:

 - Cantos nenos/as quedan na casa.
-Cantos viñemos ao cole.
-Cantas letras ten o noso nome.
- Os días que faltan no calendario para unha data importante...
 E ademáis...xa sabemps o significado de :   +   (MÁIS)

Deixovos un xogo para seguir xogando na casa. É unha páxina con moitos xogos de matemáticas, pero o único que nos interesa é o


xogo do número:   1 que consiste en contar 





(SE PULSADES NO BARQUIÑO, PODEDES COMEZAR A XOGAR)

martes, 23 de febrero de 2016

Formas xeométricas

Seguimos ampliando coñecementos e tócalle o turno ao: rombo e ao óvalo...e aproveitamos para repasar todas as formasxeométricas que xa coñecemos.

O que fixemos na aula, primeiro, foi por equipos representar as figuras co noso corpo e coa axuda dos compañeiros/as. Logo intentámolas debuxar e prácticar así os trazos correspondentes. E hoxe, fixémolo coa axuda da plastilina. 

Ademáis das formas xeométricas tamén prácticamos o noso nome:




Ademáis Fani reforzou estes conceptos axudada dun xogo:

                                               



jueves, 19 de noviembre de 2015

Plantamos 6 leitugas



E o traballo posterior... 
1º: Contamos as macetas que plantamos e escribimos o número.
2º: Coloreamos unicamente as macetas que pon no número debaixo de cada caixiña.

Truco: descargade a imaxe e abridea e "paint" así practican o control do rato no ordenador.


martes, 10 de noviembre de 2015

Inauguramos o invernadoiro

Como xa sabedes, na aula comezamos a traballar sobre a horta e xa plantamos algunhas sementes, e desde hoxe, a nosa colleita ten xa un sitio adecuado para que medre: o invernadoiro.

 






As clases de 3, 4 e 5 anos traballaremolo en conxunto.
Mentres na aula as nosas fabas foron medrando, cada unha ao seu ritmo e aproveitamos para traballar os tamaños: pequena, mediana, grande, alta e baixa e tamén os seus cuantificadores: máis grande que....máis pequena que...
Tamén traballamos a secuencia temporal das sementes segundo o seu crecemento e as partes dunha planta: raíz, tallo e follas.



 


E o que non podía faltar era medirnos a nós...quen será o máis alto da clase? e o máis baixo?


 

domingo, 18 de octubre de 2015

O caracol de Henri Matisse

Esta semana descubrimos un amigo de Remoldiño un tanto especial...cheo de cores e de figuras xeométricas....o "caracol" de Matisse...
  

A través deste cadro ímonos adentrar no mundo da arte e así descubrir técnicas plásticas ao tempo que aprendemos contidos lóxico-matemáticos...
1. As cores: cales aparecen no cadro? cantas? e escollemos as cartolinas.
2. Como é un cadrado?... Prácticamos a técnica coa que traballaba o artista, así que...
ímos recortar...!
Vega explicou como facelo...
- "Recortamos una tira larga y luego recortamos asi"


3. Clasificamos atendendo a un criterio: a cor


Aínda queda moito por facer.... como facer cadanseu caracol seguindo a serie lóxica:







miércoles, 7 de octubre de 2015

O día que a Lúa se puxo de cor vermella


 

Tamén aprendimos a canción: "Lúa ":

Que pertence ao Libro-disco: XIQUI XOQUE, FIU FIU. María Fumaça Ed. Galaxia.