Mostrando entradas con la etiqueta animación á lectura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta animación á lectura. Mostrar todas las entradas

domingo, 22 de mayo de 2016

El tenedor y la cuchara mágica

Por fin....a estrea en primicia do conto que crearon e ilustraron os nosos nenos e nenas para festexar o día do Libro.


Só falta a edición en papel!!



sábado, 23 de abril de 2016

Día do Libro

Hoxe celébrase o día do Libro, coincidindo coa data na que faleceron Miguel de Cervantes e William Shakespeare.

Así, durante toda a semana no centro leváronse a cabo numerosas actividades na que os libros e contos foron os protagonistas.

Recibimos a visita de moitas familias que quixeron compartir con nós a hora de ler e descubrimos moitas hiostorias como:




Ademáis onte (venres) recibimos a visita dun clube de lectura do IES de Cambre, e explicáronnos quen é Manuel María (a que se lle adican este ano as letras galegas), recitáronnos uns poemas do autor e cantamos unha canción para a que tivemos que facer unha máscara dunha VACA.

 

 









PERO...o mellor está por chegar!!!

Como xa contamos, toda a semana estivemos a traballar sobre o conto: 

EL TENEDOR MÁGICO Y LA CUCHARA QUE NO SE PODÍA VER.

A historia xa está rematada...e agora só falta "editala", en breves mostraremos o resultado final!.
Todos os nenos e nenas participaron na súa creación, pensando os personaxes, as ilustracións e a historia. VIVA A IMAXINACIÓN DOS NOSOS PEQUENOS!

SÓ ME QUEDA DICIR QUE HOXE SÍ OU SÍ HAI QUE LER UN CONTIÑO ANTES DE IR DURMIR.

BOA FIN DE SEMANA







sábado, 16 de abril de 2016

Érase unha vez...

Como xa sabedes, a semana que comeza no cole abriremos as portas para que poidades virnos contar un contiño para festexar a semana do libro.

Desde a aula, decidimos que  tamén queremos facer algo especial, así que: 
imos escribir un conto inventado por nós. 

O primeiro que fixemos foi pensar quen podería ser o protagonista da historia. Así, cada un, deu renda solta á imaxinación e estas foron as propostas:




Unha árbore vermella
O tren toro
Sol, erizo e señor


Familia de leopardos
Unha flor que se perdeu no bosque
Unhas gafas

George e Ana, nenos perdidos na selva
Jose
Un neno e unha árbore


Pai e fillo que van á feira
Sol, Flor e os seus amigos
Superman


Garfo máxico
Un toro
Unicornio e gatito
Unicornio
O meu avó
Un tigre





A elección fixémola mediante unha votación, cada un podía votar a un personaxe (menos ao propio). Con 4 votos o elexido foi:

O GARFO MÁXICO!!




viernes, 19 de febrero de 2016

Visita do Moucho

Hoxe recibimos a visita do Moucho Leroucho. Trouxo un conto moi coñecido por nós e que nos encantou... O Monstruo das Cores.

 

 


E ademáis....a cantar!!!







martes, 16 de febrero de 2016

Os poemas de Espantallo (II)

O segundo poema que nos ensinou Espantallo, fala do anís! Unhas herbas indispensables para facer rosquillas e orellas!


SE A ESENCIA DUNHAS HERBAS
ME PODE FACER FELIZ
É, NAS ROSCAS E AS ORELLAS
UN POUQUICHIÑO DE ANÍS


 







domingo, 20 de diciembre de 2015

Recomendacións de lectura

Desde a dinamización de biblioteca do cole, recomendámosvos un contiños para estas vacacións.

No enlace poderedes atopar as propostas clasificades por idades.

A ler!!

lunes, 26 de octubre de 2015

O Moucho Leroucho

O Moucho Leroucho visitou a nosa biblio para contarnos uns contiños.
O grupo de 1º de primaria asistiu connosco ao contacontos, fíxonos moita ilusión xa que 3 de nós temos irmáns nese curso.

Os contos dos que disfrutamos foron:
- Riciños de ouro.
- Un globo azul.

Ademáis o Moucho regalounos un globo de globoflexia e tamén nos emprestou unha morea de contos que virá recoller de volta (e que temos que coidar) no segundo trimestre.