Seguimos a descubrir novos materiais e técnicas coas que facer verdadeiras obras de arte...
Desde a semana pasada estamos a probar como sería debuxar sen mirar. Pensando primeiro o debuxo na nosa mente e visualizando as partes daquilo que decidimos debuxar. A orientación espacial (neste caso no papel) non é tan doado cando un dos cinco sentidos non está a traballar: a vista neste caso).
Hoxe en cambio, podíamos mirar o debuxo...pero...oh! co lápiz máxico non viamos nada...precisamos da poción para facer aparecer o noso debuxo: pintura + auga!
Mirade, mirade...
No hay comentarios:
Publicar un comentario