Este é Espantallo...chegou este segundo trimestre para axudarnos na horta xa que hai moita bichería e pensamos que sería unha boa idea.
Na aula, buscamos como facer un de verdade, e mentres recompilamos materiais, imos prácticar facendo un deste tamaño.
Ademaís Espantallo é un romántico e sabe unha morea de poemas da horta, así que tamén imos aprender uns pomas que describen algunhas das características dalgúns alimentos.
Xa estamos a preparar cada un o seu propio libro de poemas, nós xa sabemos o primeiro, agora tócavos!
"Coa redonda cabaza
moito celebrei e rin.
Doces de cabelo de anxo
e a festa do Samaín"
No hay comentarios:
Publicar un comentario