Na nosa viaxe polo mundo da arte, tivemos unha parada no camiño para coñecer a persoas que debido ás súas discapacidades, teñen que facer obras de arte dun xeito especial.
Fani organizou un taller que resultou moi fermoso, divertido e que nos fixo a todos poñernos no lugar dos demáis.
Despois de ver como pintan persoas que non poden utilizar as mans, ou tamén persoas que non ven ben, dividimos a aula en tres grupos e tivemos que pintar de distintas maneiras...
PINTAMOS CON PINCEL COS PÉS |
PINTAMOS COA BOCA |
DESPOIS, descubrimos que as persoas que non poden ver moi ben, teñen unha maneira distinta de escribir utilizando puntiños. Así saben de que cor poden pintar.
Tivemos que pintar cunhas gafas especiais que non nos deixaban ver....era moi complicado acertar a mollar o pincel!!!
![]() |
Algún trampulleiro... |
PINTAMOS ELEXINDO A COR |
CON CÓDIGO BRAILLE |
No hay comentarios:
Publicar un comentario