Así, durante toda a semana no centro leváronse a cabo numerosas actividades na que os libros e contos foron os protagonistas.
Recibimos a visita de moitas familias que quixeron compartir con nós a hora de ler e descubrimos moitas hiostorias como:
Ademáis onte (venres) recibimos a visita dun clube de lectura do IES de Cambre, e explicáronnos quen é Manuel María (a que se lle adican este ano as letras galegas), recitáronnos uns poemas do autor e cantamos unha canción para a que tivemos que facer unha máscara dunha VACA.
PERO...o mellor está por chegar!!!
Como xa contamos, toda a semana estivemos a traballar sobre o conto:
EL TENEDOR MÁGICO Y LA CUCHARA QUE NO SE PODÍA VER.
A historia xa está rematada...e agora só falta "editala", en breves mostraremos o resultado final!.
Todos os nenos e nenas participaron na súa creación, pensando os personaxes, as ilustracións e a historia. VIVA A IMAXINACIÓN DOS NOSOS PEQUENOS!
SÓ ME QUEDA DICIR QUE HOXE SÍ OU SÍ HAI QUE LER UN CONTIÑO ANTES DE IR DURMIR.
BOA FIN DE SEMANA
Da gusto ver como os rapaces adolescentes comparten o seu tempo en ensinar os pequerrechos,faime recordar que neste mundo de locura e estres o mais importante e interactuar cos outros seres humans.
ResponderEliminarQue sorte teñen os nosos fillos de ter este profesorado.Grande Torrente Ballester,noraboa a todos.