Como sabedes, o día das Letras Galegas é unha data que non esquencemos celebrar no centro. Este ano, Manuel María e os seus Soños na Gaiola foron os protagonistas.
Todos os cursos fixemos unha Ginkana para averiguar cousas sobre el, como que era de Outeiro de Rei (Lugo) e que viviu moitos anos en Monforte onde traballou como procurador e abriu a libraría Xistral.
Os máis rápido en averiguar a información recibiron un premio. Nós tamén claroo agasallo foi o conto A casa da Mosca Chosca, que xa forma parte da nosa biblioteca de aula.
Ese día, ademáis da entrega de premios tivemos unha actividade especial. Teacher Manu preparounos unha sorpresa: un concerto moi especial para festexar ese día. Foi moi bonito, e nós abrimos as nosas gaiolas para que con esta música tan fermosa todos os noso soños voasen.
No hay comentarios:
Publicar un comentario