Así, durante toda a semana no centro leváronse a cabo numerosas actividades na que os libros e contos foron os protagonistas.
Recibimos a visita de moitas familias que quixeron compartir con nós a hora de ler e descubrimos moitas hiostorias como:
Ademáis onte (venres) recibimos a visita dun clube de lectura do IES de Cambre, e explicáronnos quen é Manuel María (a que se lle adican este ano as letras galegas), recitáronnos uns poemas do autor e cantamos unha canción para a que tivemos que facer unha máscara dunha VACA.
PERO...o mellor está por chegar!!!
Como xa contamos, toda a semana estivemos a traballar sobre o conto:
EL TENEDOR MÁGICO Y LA CUCHARA QUE NO SE PODÍA VER.
A historia xa está rematada...e agora só falta "editala", en breves mostraremos o resultado final!.
Todos os nenos e nenas participaron na súa creación, pensando os personaxes, as ilustracións e a historia. VIVA A IMAXINACIÓN DOS NOSOS PEQUENOS!
SÓ ME QUEDA DICIR QUE HOXE SÍ OU SÍ HAI QUE LER UN CONTIÑO ANTES DE IR DURMIR.
BOA FIN DE SEMANA