Nestes días levaredes todas as imaxes no pendrive. Revisadeos ben e calquera erro, eu estarei polo centro ata o día 30 en horario de mañá (a partir das 10:00).
Ademáis das imaxes, tamén atoparedes os videos máis significativos do curso e como despedida: buscade o LIP DUB, un video que fixemos en colaboración de todo o cole para rematar un ano de moito traballo e que os nenos/as están deseando que podades ver.
Durante todo este ano sementamos. Pero non só produtos da horta. Sementamos normas, valores, contidos, compañerismo, aprendimos arte, letras,números, a ordenar, a ser autónomos, a falar os problemas, a coidar os materiais, a inventar contos, a contar coas familias, a recoñecer os nosos sentimentos, a ser amigos, a xogar.... a ser nenos e nenas.
Noa elaborou unha historia moi interesante para explicarnos cousiñasdos elefantes. Fixoo moi ben, logo pedínlle que o volvera contar para gravalo....estaba un pouco tímida. Aí vai a información:
Aquí vos deixo unhas imaxes da excursión do pasado mércores á granxa escola de Aldea Nova, onde realizamos diferentes obradoiros como facer pan, prantar no invernadoiro, visitar os panais de abellas e aprender a facer unha vela coa sua cera, e visitar as cuadras e establos dos cabalos.
Dentro duns días visitaremos a granxa-escola e queremos ser uns expertos en todo tipo de animais.
O que estamos a facer son pequenas investigacións e busqueda de información a través dos materiais que estades a aportar, libros da biblio e na rede.
O traballo final é un album de "cromos" co animal que elexiu cada neno e nena, xunto cunha "ficha técnica" con algúns datos: alimentación, habitat, reproducción...
LUCAS ELEXIU: TIBURÓN MARTELO
Despois de pegar cada un o seu cromo, debuxamos o noso propio tiburón martelo
A outra metade do grupo tamén tivo a oportunidade de experimentar cos materiais propostos...saíron cousas moi interesantes: naves espaciais, conversas,, traballo en equipo, creatividade, lóxica, series....
Como sabedes, o día das Letras Galegas é unha data que non esquencemos celebrar no centro. Este ano, Manuel María e os seus Soños na Gaiola foron os protagonistas.
Todos os cursos fixemos unha Ginkana para averiguar cousas sobre el, como que era de Outeiro de Rei (Lugo) e que viviu moitos anos en Monforte onde traballou como procurador e abriu a libraría Xistral.
Os máis rápido en averiguar a información recibiron un premio. Nós tamén claroo agasallo foi o conto A casa da Mosca Chosca, que xa forma parte da nosa biblioteca de aula.
Ese día, ademáis da entrega de premios tivemos unha actividade especial. Teacher Manu preparounos unha sorpresa: un concerto moi especial para festexar ese día. Foi moi bonito, e nós abrimos as nosas gaiolas para que con esta música tan fermosa todos os noso soños voasen.
Xa que estamos no século XXI teremos tamén que investigar sobre a arte contemporánea. Neste caso experimentamos a través das instalacións ou performance.
Nesta modalidade o protagonista non é o autor da obra nin a obra en sí, senón o espectador.
Trasladamos esta proposta á nosa aula, e sentamos a observar o que ocorre. Como se moven os nenos, que materiais utilizan, como o corpo comeza a coller protagonismo e se apropian do espazo, ordenándoo e relacionándose entre si. Facendo ARTE, como eles dicían ao rematar a sesión.
Dividimos o grupo, xa que cun número reducido todas as experiencias son máis enriquecedoras. Ao rematar fixemos un debuxo representando o que cada un viviu.
Disfrutade vendo o vídeo, decidín subilo porque o estar a cámara rápida non se aprecian as caras, se preferides que o quite facédemo saber.
PD. A actividade levouse a cabo durante 40 minutos aproximadamente)