Hoxe vouvos contar un bo exemplo de porqué o blog se chama DO REVÉS.
Cóntovos isto nun día tan significativo coma hoxe.
Como sabedes estivemos a traballar o Nadal, os costumes, as persoaxes, as postais...etc. Na asamblea do xoves, un día calqueira, miramos o calendario, día 17: o día que vai vir o carteiro a buscar as nosas postais para enviar ás casas. Eles/as xa saben que nestes días hai que comprobar o buzón para ver se chegan ou non chegan.
Pois cando estabamos en plena conversación sobre o funcionamento do correo postal, Lucas compartiu connosco un detalle que non esperabamos:
- "En el buzón de mi casa llegó una carta para elegir al encargado del país".
E qué pasou a continuación? Pois que a mañá xa non podía acontecer como tiña pensado...
1º: Cal é o noso país: ESPAÑA
2º: Que é unha votación? Elexir alguén que nos represente por maioría
3º: Que son os votos.
4º: Con cantos anos se pode votar: Con 18. Fixemos a conta: se temos 4, contamos canto falta ata 18: dentro de 14 anos poderemos votar.
O seguinte que tivemos que facer foi, loxicamente, reproducir unha votación, xa que o mellor xeito de aprender as cousas é facendoas.
Como o "pato" do reciclaxe estaba moi cheo decidimos votar quen ía axudar a María (a nosa encargada) a levalo fóra.
Repartimos papeletas, lapis, e improvisamos unha urna. Fixemos o reconto e....
A maioría (con 7 votos) elexiu a Tomás como axudante de María.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjGhZD0Xu-MY22f-VYOa-AAHYWr6qX2PVieIagukOXT-g-1IuJzCvkbYpk5L1R0c_UoeCDAB3_NaW4H-I3qLY1-ODUiNL_lbtS4s2kGJ0zc7lBwH9Vvu_YvNTAMbLTz7g0pafZ6mTt1TfOd/s200/IMG_3734.JPG)
E....onde quedaría a visita do carteiro....????