Con este poema sobre o coelliño saltarín, preparamos unha xornada do máis divertida!!
Hai uns días recitamos o poema e imaxinamos como nos gustarían que fosen os noso ovos de pascua.
E hoxe...apareceu un cestiño, cunha nota, asinado cunhas pegadas de coelliño dicindo:
¡Os ovos da galiña Laboriosa andan agochados polo xardín de cole. Atopádeos e pintádeos!
Cando atopamos todos (algúns estaban xa comidos polos paxaros...). Decidimos tinguilos co colorante, cada un elexiu no color que quixo, e esperamos ata pola tarde.
Logo con rotus rematamos os adornos. E para facer os paquetiños contamos coa axuda de 4 nenos e nenas de 6º

E ESTE FOI O RESULTADO
No hay comentarios:
Publicar un comentario