domingo, 24 de enero de 2016

Os poemas de Espantallo



Este é Espantallo...chegou este segundo trimestre para axudarnos na horta xa que hai moita bichería e pensamos que sería unha boa idea.
Na aula, buscamos como facer un de verdade, e mentres recompilamos materiais, imos prácticar facendo un deste tamaño.

Ademaís Espantallo é un romántico e sabe unha morea de poemas da horta, así que tamén imos aprender uns pomas que describen algunhas das características dalgúns alimentos.


Xa estamos a preparar cada un o seu propio libro de poemas, nós xa sabemos o primeiro, agora tócavos!


"Coa redonda cabaza
moito celebrei e rin.
Doces de cabelo de anxo
e a festa do Samaín"

martes, 12 de enero de 2016

A, E , I, O, U

Xogamos coas letras?
Quen sabe as vogais?


- La princesa I
- La reina A
-El rey U
- El principe E


- La princesa O

lunes, 11 de enero de 2016

O Inverno


Parece que agora sí...o inverno xa chegou!
Chuvia, vento, granizo, neve e frío.....moito frío!

Pero...como se forma a neve...e o xeo? Imos descubrilo cambiando as propiedades dalgún elemento do noso entorno: A AUGA!



Anotamos o que precisamos, preparamos a auga nun recipiente e levámolo ao conxelador.
Antes describimos a auga e tocámola para ver como é e mañá poder comparar.

Mentres agardámos os resultados...ide aprendendo a canción do inverno!



Benvido 2016


Estreamos ano e novo trimestre cunha grande sorpresa na aula!
Os Reis pasaron polo cole e deixaron algúns xoguetes novos!



Cos bolos estivemos practicando (ademáis de a puntería) os números, contando os que tirabamos e anotando a nosa puntuación.

Vaia ollo teñen!