sábado, 23 de abril de 2016

Día do Libro

Hoxe celébrase o día do Libro, coincidindo coa data na que faleceron Miguel de Cervantes e William Shakespeare.

Así, durante toda a semana no centro leváronse a cabo numerosas actividades na que os libros e contos foron os protagonistas.

Recibimos a visita de moitas familias que quixeron compartir con nós a hora de ler e descubrimos moitas hiostorias como:




Ademáis onte (venres) recibimos a visita dun clube de lectura do IES de Cambre, e explicáronnos quen é Manuel María (a que se lle adican este ano as letras galegas), recitáronnos uns poemas do autor e cantamos unha canción para a que tivemos que facer unha máscara dunha VACA.

 

 









PERO...o mellor está por chegar!!!

Como xa contamos, toda a semana estivemos a traballar sobre o conto: 

EL TENEDOR MÁGICO Y LA CUCHARA QUE NO SE PODÍA VER.

A historia xa está rematada...e agora só falta "editala", en breves mostraremos o resultado final!.
Todos os nenos e nenas participaron na súa creación, pensando os personaxes, as ilustracións e a historia. VIVA A IMAXINACIÓN DOS NOSOS PEQUENOS!

SÓ ME QUEDA DICIR QUE HOXE SÍ OU SÍ HAI QUE LER UN CONTIÑO ANTES DE IR DURMIR.

BOA FIN DE SEMANA







Unha eiruga moi larpeira

Xa hai días que Teacher Manu, agasallounos cunha caixiña chea de....OVOS diminutos dos que nos contou que ían saír unhas pequenas eirugas.


Os ovos son TAN diminutos que precisamos dunha lupa para poder velos un pouquiño mellor. Aquel día Manu, explicounos o que lle aconteceu a unha Eiruga moi larpeira a través deste conto:



Coa chegada da primavera....dos ovos saíron....moitas eirugas pequeniñas e con moita moita fame!!!!





PERO? QUE COMEN?
Comen follas da árbore da Moreira



SEGUIREMOS OBSERVANDO COMO CRECEN...


sábado, 16 de abril de 2016

Érase unha vez...

Como xa sabedes, a semana que comeza no cole abriremos as portas para que poidades virnos contar un contiño para festexar a semana do libro.

Desde a aula, decidimos que  tamén queremos facer algo especial, así que: 
imos escribir un conto inventado por nós. 

O primeiro que fixemos foi pensar quen podería ser o protagonista da historia. Así, cada un, deu renda solta á imaxinación e estas foron as propostas:




Unha árbore vermella
O tren toro
Sol, erizo e señor


Familia de leopardos
Unha flor que se perdeu no bosque
Unhas gafas

George e Ana, nenos perdidos na selva
Jose
Un neno e unha árbore


Pai e fillo que van á feira
Sol, Flor e os seus amigos
Superman


Garfo máxico
Un toro
Unicornio e gatito
Unicornio
O meu avó
Un tigre





A elección fixémola mediante unha votación, cada un podía votar a un personaxe (menos ao propio). Con 4 votos o elexido foi:

O GARFO MÁXICO!!




viernes, 15 de abril de 2016

A horta na web do cole!!

Romu fixo un vídeo moi bonito de como fixemos a horta do cole, pulsade  AQUI para poder velo.
Gracias Romu!

jueves, 14 de abril de 2016

ARCIMBOLDO


A nosa seguinte parada pola ARTE, é en ITALIA! Coñecemos a Arcimboldo e a súa versión sobre a PRIMAVERA

PICA NA IMAXE E APRENDE MÁIS



Comezamos por ver o cadro e comentalo. Logo fixemos unha foto de perfil para poder facer a nosa versión. E puxémonos mans a obra:

 -Para facer o borde  tivemos que facer unha secuencia lóxica (serie) con tres elementos. Cada un decidiu como sería a súa.
LOGO PEGAMOS O NOSO PERFIL


E SÓ NOS FALTA BUSCAR FLORES E MÁIS FLORES...



  

E agora....a esperar a que chegue de verdade a nosa PRIMAVERA!








miércoles, 6 de abril de 2016

A NOSA HORTA

Despois do problema co invernadoiro xa temos unha nova horta!

Coa axuda do pai de Edurne, hoxe preparamos uns caixóns para facer un pequeno horto.

Plantamos:
Patacas, guisantes, leitugas, pementos e moitas cousas máis!

 




Ao rematar o traballo, quixémoslle agradecer a súa axuda (a el e ao seu axudante Manu). Así que o noso agasallo foi uns comedeiros de paxaros e un contiño cuns retratos de José.


 

AQUÍ PODEDES VER COMO OS  NENOS E NENAS DEBUXARON A JOSE NA HORTA