jueves, 17 de marzo de 2016

Mandalas


Seguimos a descubrir técnicas para nos relaxar e estar en calma, e unha delas é pintar mandalas.

¿QUE É UN MANDALA? O mandala ten a súa orixe na India e o seu nome significa“círculo ou roda”. Para os Budistas a súa función é a meditación. Adoitan estar formados por lineas curvas e rectas, círculos, cadrados ou triángulos. 

Por que utilizalos na aula?  Cada neno/a escolle as cores coas que quere colorear, e con esta simple actividade traballamos moitas cousas, entre elas:
- Estimular a creatividade
- Potenciar a concentración
- Desenvolver a paciencia
- Despertar os sentidos
- Adquirir conceptos como a lóxica, xa que os mandalas seguén un patrón repetitivo.
- Descubrir a combinanción de formas xeométricas.


Non é a primeira vez que vemos un mandala, pero desta vez coloreámolo seguindo un criterio lóxico. Eleximos cores que se repiten ao colorear certos elementos (series de círculos, triángulos, pétalos). 
Mirade que concentración!







COELLIÑO SALTARÍN


Con este poema sobre o coelliño saltarín, preparamos unha xornada do máis divertida!!
Hai uns días recitamos o poema e imaxinamos como nos gustarían que fosen os noso ovos de pascua.


E hoxe...apareceu un cestiño, cunha nota, asinado cunhas pegadas de coelliño dicindo:

¡Os ovos da galiña Laboriosa andan agochados polo xardín de cole. Atopádeos e pintádeos!




Cando atopamos todos (algúns estaban xa comidos polos paxaros...). Decidimos tinguilos co colorante, cada un elexiu no color que quixo, e esperamos ata pola tarde.
Logo con rotus rematamos os adornos. E para facer os paquetiños contamos coa axuda de 4 nenos e nenas de 6º

 



E ESTE FOI O RESULTADO



 


PICNIC

Con estes días tan fermosos....que mellor que merendar
 FÓRA!





lunes, 14 de marzo de 2016

O NOSO ESPANTALLO

Xa temos case rematados os espantallos...!!

Aquí os pasos a seguir....

Separamos todas as partes, e colocamos a parte
traseira pegando a camiseta sobre o pantalón
Recortamos fíos duns 2 cm para colocar en mans e pés
simulando a palla



Botamos cola para pegar a palla, e o paliño.
Logo pegamos a camiseta, e por riba o pantalón
Só nos falta poñerlle dous botóns para decorar.



AGORA....temos que rematar a ACABEZA e poñerlle o sombreiro e nuns días poderedes xogar con eles na casa!

AH! E recitar poemas...que a el encantalle!

A CAIXA DOS TESOUROS

Din por aí....."SE NON PODES CO INIMIGO ÚNETE A EL", así que como o de  "non traer" xoguetes ao cole é difícil de cumprir, fixemos unha caixa especial para eles.

Norma 1: Todos os tesouros da caixa son para compartir
Norma 2: Se rompen ou se perden non nos enfadamos. E responsabilidade de cada neno/a( se trae un xoguete ao cole para xogar podese deteriorar).




miércoles, 9 de marzo de 2016

NÚMEROS e CANTIDADES

ATA CANTO SABEMOS CONTAR???

PERO...sabemos que cantidade representa cada número???

E...se facemos un xogo de contar? Axudados duns taladros ben bonitos: con formas de bolboreta, mazá, coche...Tivemos que facer tantos burados como poñía no número que nos indicaba...

Pero...e se veñen os de que saben un montón de números e nos axudan? 
Así foi: fixemos 5 grupos para poder facelo por turnos compartindo o material, e cada un dos axudantes maiores encargouse de guiar ao seu pequeno grupo.

 

RESULTADO FINAL...



martes, 8 de marzo de 2016

ARTE e DISCAPACIDADE



Na nosa viaxe polo mundo da arte, tivemos unha parada no camiño para coñecer a persoas que debido ás súas discapacidades, teñen que facer obras de arte dun xeito especial.

Fani organizou un taller que resultou moi fermoso, divertido e que nos fixo a todos poñernos no lugar dos demáis.

Despois de ver como pintan persoas que non poden utilizar as mans, ou tamén persoas que non ven ben, dividimos a aula en tres grupos e tivemos que pintar de distintas maneiras...


PINTAMOS CON PINCEL COS PÉS











NON FOI DOADO, a prensión cos pés é mais comoplicada que coas mans....e ao final, moitos decidiron deixar o pincel....e....a pintar directamente cos pés!!!
PINTAMOS COA BOCA
 DESPOIS, descubrimos que as persoas que non poden ver moi ben, teñen unha maneira distinta de escribir utilizando puntiños. Así saben de que cor poden pintar.
Tivemos que pintar cunhas gafas especiais que non nos deixaban ver....era moi complicado acertar a mollar o pincel!!!




Algún trampulleiro...

PINTAMOS ELEXINDO A COR
CON CÓDIGO BRAILLE



DÍA DA MULLER

8 de MARZO:  Aí vai a nosa pequena homenaxe a todas as mulleres!!!



O libro que fixemos co traballo dos nenos e nenas xa forma parte da biblioteca de aula. Por turnos tamén o levarán á casa, pronto recibiredes a visita.



Ademáis, estamos aproveitando a temática para coñecer moitos OFICIOS!
Como por exemplo todos os que fai XAN neste conto...





Os poemas de Espantallo (IV)

Último poema!!

OS MELLORES CARAMELOS
SEMPRE SON OS VEXETAIS
LARANXA, LIMÓN E MENTA
SON OS QUE ME GUSTAN MÁIS



O primeiro que fixemos para traballar este poema, foi coñecer a MENTA, unha herba aromática que incorporamos ao noso novo recuncho. Puxemos un letreiro para o ANIS e outro para a MENTA, para así diferencialo. (Por certo, o anís xa está brotando).
Ulimos a menta e aprendimos a tocala a modo, frotando un pouco as follas para poder apreciar máis o seu aroma, sen mancala e sen llas sacar.



E que mellor que utilizar estes ingredientes para facer unha receita moi saudable:    
LIMONADA!!

 


Para os que fagades a receita na casa, nós tivemos que botar un pouco máis de azucre. Así que segun os vosos gusto engadide máis ou menos.

CONTAMOS 5 LIMONES
ELEXIMOS O AZÚCRE
(branco ou moreno)
EXPRIMIMOS OS LIMÓNS















MEZCLAMOS O LIMÓN COA AUGA
ENGADIMOS O AZUCRE
REMOVEMOS

BRINDAMOS POLO BEN QUE O FIXEMOS























Se queredes, como toque final..podedes engadir unha folliña de MENTA para darlle un pouco máis de sabor.   
BO PROVEITO!

domingo, 6 de marzo de 2016

DEREITA - ESQUERDA




 Traballamos a orientación espacial...dereita, esquerda, arriba  abaixo...

¿COMO O FIXEMOS?

Repartimos tapóns, un cada para neno/a e entre eles tiñan que dicir ao compañeiro/a onde tiñan que poñer cada un o seu: enriba da caixa, debaixo, á dereita ou a esquerda.

Logo contamos cantos había en cada un dos  lugares elexidos, e vimos onde había máis ou menos...
                                



Logo, para coñecer onde están as nosas mans fixemos un camiño pola clase, onde tiñamos que colocar cada man e cada pé co seu correspondente.




Escribimos o nome de cada man, comparamos os dedos, contámolos, comparámolos...