lunes, 20 de junio de 2016

Familias:

Nestes días levaredes todas as imaxes no pendrive. Revisadeos ben e calquera erro, eu estarei polo centro ata o día 30 en horario de mañá (a partir das 10:00).
Ademáis das imaxes, tamén atoparedes os videos máis significativos do curso e como despedida: buscade o LIP DUB, un video que fixemos en colaboración de todo o cole para rematar un ano de moito traballo e que os nenos/as están deseando que podades ver.

BO VERÁN!

viernes, 17 de junio de 2016

Recolleita

Durante todo este ano sementamos. Pero  non só produtos da horta. Sementamos normas, valores, contidos, compañerismo, aprendimos arte, letras, números, a ordenar, a ser autónomos, a falar os problemas, a coidar os materiais, a inventar contos, a contar coas familias, a recoñecer os nosos sentimentos, a ser amigos, a xogar....

a ser nenos e nenas.


Toca o momento da recolleita... e foi moi boa!






martes, 7 de junio de 2016

Visita ao invernadoiro

Hoxe aprendimos moitas cousas grazas á familia de Uxia (5 anos). Tiña 3 invernadoiros con pementos, cebolas, tomates, allos...

Á volta paramos merendar e xogar un ratiño  no parque "da pista".


jueves, 2 de junio de 2016

Os elefantes

Noa elaborou unha historia moi interesante para explicarnos cousiñas dos elefantes. Fixoo moi ben, logo pedínlle que o volvera contar para gravalo....estaba un pouco tímida. Aí vai a información: