jueves, 24 de diciembre de 2015

Bo Nadal e Feliz 2016



Espero que todas as postais chegaran ao seu destino!! 

Só me queda felicitarvos estas datas e desexar que a entrada no novo ano sexa moi  boa. 

Vémonos o día 7 para seguir aprendendo e compartindo xuntos.

BO NADAL.
Lara.

domingo, 20 de diciembre de 2015

Recomendacións de lectura

Desde a dinamización de biblioteca do cole, recomendámosvos un contiños para estas vacacións.

No enlace poderedes atopar as propostas clasificades por idades.

A ler!!

Facemos unha votación

Hoxe vouvos  contar un bo exemplo de porqué  o blog se chama  DO REVÉS

Cóntovos isto nun día tan significativo coma hoxe.

Como sabedes estivemos a traballar o Nadal, os costumes, as persoaxes, as postais...etc. Na asamblea do xoves, un día calqueira,  miramos o calendario, día 17: o día que vai vir o carteiro a buscar as nosas postais para enviar ás casas. Eles/as xa saben que nestes días hai que comprobar o buzón para ver se chegan ou non chegan.

Pois cando estabamos en plena conversación sobre o funcionamento do correo postal, Lucas compartiu connosco un detalle que non esperabamos:

- "En el buzón de mi casa llegó una carta para elegir al encargado del país".

E qué pasou a continuación? Pois que a mañá xa non podía acontecer como tiña pensado...

1º: Cal é o noso país: ESPAÑA
2º: Que é unha votación? Elexir alguén que nos represente por maioría
3º: Que son os votos. 
4º: Con cantos anos se pode votar: Con 18. Fixemos a conta: se temos 4, contamos canto falta ata 18: dentro de 14 anos poderemos votar.

O seguinte que tivemos que facer foi, loxicamente, reproducir unha votación, xa que o mellor xeito de aprender as cousas é facendoas.

Como o "pato" do reciclaxe estaba moi cheo decidimos votar quen ía axudar a María (a nosa encargada) a levalo fóra.

Repartimos papeletas, lapis, e improvisamos unha urna. Fixemos o reconto e....

A maioría (con 7 votos) elexiu a Tomás como axudante de María.



 




E....onde quedaría a visita do carteiro....????


jueves, 17 de diciembre de 2015

Nadal en Arxentina

Outra das paradas na viaxe do Nadal polo mundo foi a Arxentina, onde a familia de Martina contounos como festexar o Nadal na estación do verán!
De postre...Princesitas!! Estaban tan boas que non duraron moito tempo...así que para poder probalas teredes que facer a receita na casa.



 



viernes, 11 de diciembre de 2015

Nadal no País Vasco


Outra visita máis na aula, esta vez para descubrir ao OLENTZERO, un persoaxe típico do Pais Vasco que visita a casa dos nenos e nenas polo nadal.
 Vive na montaña sacando carbón, asíque se non se portan ben...en vez de agasallos deixa na casa dos nenos/as unha morea de carbón. 

O pai de Iker contounos a historia e díxonos que ten dous axudantes, uns duendes que se chaman PRAKAGORRI (pantalóns vermellos).






 



Olentxero se ha ido
al monte a trabajar
con la intención
de hacer carbón.
Cuando ha oído
que ha nacido el niño Jesús
ha venido corriendo
a dar la buena noticia.

Miralo!Miralo!
Nuestro Olentzero
con la pipa entre dientes
está sentado
también tiene gallos de capón
con sus huevos
para merendar mañana
con una botella de vino.

No podemos de ninguna forma
llenar a Olentzero
se ha comido él solo
diez cerdos jovenes.
Costilla y lomo
un montón de intestinos
ha nacido Jesús
y os teneis que alegrar.

jueves, 10 de diciembre de 2015

Nadal en Alemaña



Hoxe coñecimos unha tradición moi doce que levan a cabo en Alemaña os días antes da chegada do Nadal. A nai de Adela contounos que alí, como se fai de noite moi cedo, todas as tardes de Decembro cociñan galletas que logo regalan aos amigos e familiares. Gustounos moito este costume así que hoxe decidimos facer unha receita de galletas coa axuda de María. Tamén escoitamos algunha panxoliña en alemán.

Mentres coñecíamos os ingredientes, tiñamos que rodealos na nosa receita, para comprobar que non esquecimos ningún. Logo de facer as galletas debuxamos no recadro as formas das nosas galletas.









Primeiro: pesamos o azucre e a fariña e misturámolo:
 

Segundo: Botamos ovos, manteiga, azucre vainillado, limón e canela
 

Terceiro: facemos a masa....e a amasar (é importante enfariñar a mesa para que a masa non se pegue).


 


Cuarto: xa podemos facer as nosas galletas cos moldes que máis nos gusten.
 





Xa para rematar, preparamos unhas caixiñas para regalar.








MOITAS GRAZAS A MAMÁ DE ADELA POLA SÚA AXUDA, E Á MAMÁ DE MARTA POR TRAER UN BISCOITO PARA MERENDAR DESPOIS DUNHA MAÑÁ DE MOITO TRABALLO.










miércoles, 9 de diciembre de 2015

Nadal en familia

Xa queda pouco para comezar a festividade do Nadal e na aula xa estamos a traballar!

Primeiro, non podía faltar a nosa árbore adicada á importancia de estar coa familia nestas datas. Grazas por participar compartindo unha foto da vosa familia. Os nenos e nenas están encantados!

 


(Aínda hai espazo para as que faltan..animádevos)

E hoxe ademáis...visita de Papá Noel. Recolleu as nosas cartas, adicounos un tempo a cada un de nós, e ademáis deunos unha morea de caramelos!





Intercambio de postais

Outra actividade máis do centro nestas datas é o intercambio de postais. Aí vai unha mostra das que fixemos na aula de 4 anos. Estamos impacientes de ver as dos demáis compañeiros para escoller unha!