viernes, 26 de febrero de 2016

Sesión de masaxes

Son moitos os días que rematamos a xornada escolar cunha sesión de relaxación, ás veces IOGA, outras veces masaxe individual, ou colectivo.

Pero o de hoxe, foi moi especial, por que os nenos e nenas da aula, explicáronlle aos maiores de 6º, como é a rutina da relaxación. 

Con esta proposta de actividade:
- traballamos as partes do corpo
- somos quen de controlalo para relaxalo e así conseguir a CALMA.
-Respectamos aos compañeiros tratandoos con aloumiños
-Controlamos a respiración.
-Vivenciamos o corpo




miércoles, 24 de febrero de 2016

ANIS

Agora que xa aprendimos o poema do ANIS...só nos faltaba: probalo, ulilo, tocalo, e...PLANTALO!

Así que...coa axuda da familia de TOMÁS, conseguimos as sementes e o anís.


MOITAS GRAZAS!!

Con todo xa listo, empezamos un recuncho novo na aula:  o recuncho das herbas aromáticas.



Tivemos unha moi boa axuda, catro nenas de 6º baixaron para compartir con nós esta actividade.





SENTIDO DO OLFACTO
RECUNCHO HERBAS AROMÁTICAS
PREPARAMOS A TERRA


CONTAMOS AS SEMENTES
SUPERVISORAS EN ACCIÓN!






Antes de marchar...aprenderon o poema!!



                                               






Moitas Grazas!!


Absurdos do mundo ao Revés (II)

Seguimos visitando a casa do mundo ao revés...

¿que pasa na sala?

Aínda queda algunha por descubrir....



martes, 23 de febrero de 2016

Formas xeométricas

Seguimos ampliando coñecementos e tócalle o turno ao: rombo e ao óvalo...e aproveitamos para repasar todas as formasxeométricas que xa coñecemos.

O que fixemos na aula, primeiro, foi por equipos representar as figuras co noso corpo e coa axuda dos compañeiros/as. Logo intentámolas debuxar e prácticar así os trazos correspondentes. E hoxe, fixémolo coa axuda da plastilina. 

Ademáis das formas xeométricas tamén prácticamos o noso nome:




Ademáis Fani reforzou estes conceptos axudada dun xogo:

                                               



lunes, 22 de febrero de 2016

Pintamos a cegas

Seguimos a descubrir novos materiais e técnicas coas que facer verdadeiras obras de arte...

Desde a semana pasada estamos a probar como sería debuxar sen mirar. Pensando primeiro o debuxo na nosa mente e visualizando as partes daquilo que decidimos debuxar. A orientación espacial (neste caso no papel) non é tan doado cando un dos cinco sentidos non está a traballar: a vista neste caso).

Hoxe en cambio, podíamos mirar o debuxo...pero...oh! co lápiz máxico non viamos nada...precisamos da poción para facer aparecer o noso debuxo: pintura + auga!

Mirade, mirade...



viernes, 19 de febrero de 2016

Visita do Moucho

Hoxe recibimos a visita do Moucho Leroucho. Trouxo un conto moi coñecido por nós e que nos encantou... O Monstruo das Cores.

 

 


E ademáis....a cantar!!!







miércoles, 17 de febrero de 2016

Vexetal: como te sintes?


http://www.canallector.com/old-thumbs/84-96123-02-2_g.jpg Aaron descubriu este conto na biblio da aula, límolo e descubrimos que as verduras e froitas tamén teñen sentimentos...enfadanse, asustanse, están contentas ou tristes...Non atopamos ningunha leituga no conto, así que decidimos facer as nosas propias e agora solo faltan as emocións.

Eleximos primeiro unhas follas que non estivesen boas para comer, pintámolas, estampámolas....e a esperar a que sequen.
Mañá elexiremos unha emoción e....como se sentirán as nosas leitugas?


 



















martes, 16 de febrero de 2016

Esgrafiado

Hoxe descubrimos unha nova técnica de debuxo: o esgrafiado. Así puidemos usar a cor negra e logo facer "maxia".

Consiste en: encher de distintas cores o papel ou cartolina para logo cubrilo todo con cor negra. Logo cun clip, debuxamos para que aparecesen de novo todas as cores.

 


Unha pequena mostra ...












Os poemas de Espantallo (II)

O segundo poema que nos ensinou Espantallo, fala do anís! Unhas herbas indispensables para facer rosquillas e orellas!


SE A ESENCIA DUNHAS HERBAS
ME PODE FACER FELIZ
É, NAS ROSCAS E AS ORELLAS
UN POUQUICHIÑO DE ANÍS


 







lunes, 15 de febrero de 2016

Absurdos do mundo ao revés

E se os nenos durmisen na alfombra e os gatos na cama...ou se puidesemos merendar mentres nos damos un baño....
Cantos disparates atopades??



Día da Paz



Visita ao Museo de Belas Artes

O venres visitamos o museo de Belas Artes. Alí estábanos a esperar a guía, que con xogos explicounos algunhas cousas curiosas de distintos cadros e artistas.

A primeira sala que visitamos estaba chea de cadros moi antigos onde as persoaxes que neles se vían tiñan unhas carasterísticas moi peculiares: perrucas brancas, colares e luvas eran algúns dos seus complemnentos.


 

Despois tivemos que atopar fragmentos dun cadro de Urbano Lugrís, este pintor debuxou a cidade da Coruña, e neste cadro puidemos ver a Torre de Hércules. Logo tivemos que pintar a nosa propia  torre.

 

Na terceira sala que visitamos atopamos un cadro Xigante, máis alto ca nosa guía. Tivemos que nomear todas as cores que tiña esta obra e logo fixemos maxia coas láminas de cores.



Por último escoitamos a historia de Hércules e o xigante Xerión


Antes de Marchar fixemos a nosa propia obra basandonos nun cadro de Luis Seoane, un pintor galego.


martes, 2 de febrero de 2016

SEMANA DO ENTROIDO

O Meco di...

Luns: Algo na cabeza
Martes: Algo no corpo
Mércores: Algo no pescozo
Xoves: Pixama
Venres: Disfraz de Pintores/as