martes, 8 de marzo de 2016

ARTE e DISCAPACIDADE



Na nosa viaxe polo mundo da arte, tivemos unha parada no camiño para coñecer a persoas que debido ás súas discapacidades, teñen que facer obras de arte dun xeito especial.

Fani organizou un taller que resultou moi fermoso, divertido e que nos fixo a todos poñernos no lugar dos demáis.

Despois de ver como pintan persoas que non poden utilizar as mans, ou tamén persoas que non ven ben, dividimos a aula en tres grupos e tivemos que pintar de distintas maneiras...


PINTAMOS CON PINCEL COS PÉS











NON FOI DOADO, a prensión cos pés é mais comoplicada que coas mans....e ao final, moitos decidiron deixar o pincel....e....a pintar directamente cos pés!!!
PINTAMOS COA BOCA
 DESPOIS, descubrimos que as persoas que non poden ver moi ben, teñen unha maneira distinta de escribir utilizando puntiños. Así saben de que cor poden pintar.
Tivemos que pintar cunhas gafas especiais que non nos deixaban ver....era moi complicado acertar a mollar o pincel!!!




Algún trampulleiro...

PINTAMOS ELEXINDO A COR
CON CÓDIGO BRAILLE



No hay comentarios:

Publicar un comentario