lunes, 26 de octubre de 2015

ABECEDARIO

O ABECEDARIO (en galego) CANTADO....
ollo (en galego non temos....)

Samaín

O Samaín e unha celebración de orixe celta coa que os nosos antergos festexaban o paso do verán ao inverno. Nesta celebración era costume poñer caveiras dos inimigos ou cabazas/calacús para afastar aquelo que lle daba medo.
Para comezar a traballar este tema, que ás veces nos da un pouco de "medo" e no que poden aparecer pesadelos...imos xogar coa luz e a escuridade, contar contos de esas persoaxes que tanto nos inquedan (coma os lobos ou as meigas) e manipular e experimentar coas manualidades e coas cabazas...
COMEZAMOS!

1. CALABAZA:¿Cantas letras ten?¿qué letras ten? ¿qué nomes empezan por cada unha desas letras?




TRABALLAMOS A LETRA DO MEDO E DOS SUSTO:
  UUUUUUUuuuuuuuuu!!!


2. Luz-escuridade e asociámolo ás cores branca e negra
 

3. Eleximos a cor para facer unha manualidade...¿qué será?

O caracol de Matisse (II)

Seguimos a traballar as cores a partires do cadro de Matisse. Desta vez utilizamos a técnica do "collage"...
Pero primeiro tivemos que repasar as liñas rectas para debuxar o cadro,

 para logo comezar a pegar os papeliños nos espazos que lle correspondían segundo a cor.


O Moucho Leroucho

O Moucho Leroucho visitou a nosa biblio para contarnos uns contiños.
O grupo de 1º de primaria asistiu connosco ao contacontos, fíxonos moita ilusión xa que 3 de nós temos irmáns nese curso.

Os contos dos que disfrutamos foron:
- Riciños de ouro.
- Un globo azul.

Ademáis o Moucho regalounos un globo de globoflexia e tamén nos emprestou unha morea de contos que virá recoller de volta (e que temos que coidar) no segundo trimestre.

martes, 20 de octubre de 2015

Unha visita especial

Comezamos a semana cunha visita que moito nos gustou...

O pai dunha compañeira de primaria trouxo un exemplar dun ourizo, ourizo cacho ou ourizo cacheiro  ou porco espiño (temos onde elexir), unha especia autóctona e protexida que podemos atopar nas lindes das hortas, nos bosques ou zonas montañosas.

Durante a visita foron moitas as dúbidas e preguntas que xurdiron:
-Qué comen?: Comen de todo, pero preferentemente insectos, miñocas, caracois, pequenos ratos, etc. Son omnívoros.
- É macho ou femia?: É femia, as femias son máis grandes xa que levan ás crías dentro e tamén lles da de mamar. É un animal mamífero.
- Qué fai o macho?: Constrúe a casa cavando na terra para facer un burato.
-Cómo se defende?: Cando vé algo perigoso pónse coma unha pelota e saca unhas púas que realmente fan dano.




domingo, 18 de octubre de 2015

O caracol de Henri Matisse

Esta semana descubrimos un amigo de Remoldiño un tanto especial...cheo de cores e de figuras xeométricas....o "caracol" de Matisse...
  

A través deste cadro ímonos adentrar no mundo da arte e así descubrir técnicas plásticas ao tempo que aprendemos contidos lóxico-matemáticos...
1. As cores: cales aparecen no cadro? cantas? e escollemos as cartolinas.
2. Como é un cadrado?... Prácticamos a técnica coa que traballaba o artista, así que...
ímos recortar...!
Vega explicou como facelo...
- "Recortamos una tira larga y luego recortamos asi"


3. Clasificamos atendendo a un criterio: a cor


Aínda queda moito por facer.... como facer cadanseu caracol seguindo a serie lóxica:







viernes, 16 de octubre de 2015

Canción para empezar a mañá

Hoxe compartimos con vós a canción coa que todas as mañás comezamos a asamblea:


"En el bosque hay una casa
que tiene dos ventanas
una liebre allí llegó
y a la puerta llamó
pom, pom, pom...

Ciervo abreme que el lobo me quiere comer....(cosquillas)
Yo contigo quiero estar y tu mano estrechar
QUE TAL? "

Esta canción vai acompañada dunha serie de xestos que todos/as xa coñecen, cando "chega" o lobo todos nos facemos cóxegas, e ao final respondemos a pregunta ¿que tal? saudandonos coa man e respondendo cada un como se atopa esa mañá.

PD. Aí vai a cantiga...



E de agasaio...esta versión dun contiño da editorial Edelvives: ¡ QUE VIENE EL LOBO!



              

martes, 13 de octubre de 2015

Outono chegou!

Xa levamos uns días a descubrir as características do outono. Fani, ensinounos unha canción:

"Otoño llegó, marrón y amarillo
otoño llegó, hojas secas nos dejó"

Na entrada atopamos follas vermellas, amarelas e marróns, clasificámolas por cores e escollimos a que máis nos gustaba. Logo secámolas e fixemos a nosa propia folla de outono:




Outro rasgo do outono é a chegada dos caracois, que veñen cando chove e que ademáis teñen 4 "corniños", dous son os encargados de ver (os ollos), e os outros dous encárganse de ulir (o sentido do olfacto).
Limos o conto do caracol Remoldiño e dous compañeiros trouxeron uns caracois para que os puidésemos observar.





Seguiremos investigando...cousiñas do outono...


miércoles, 7 de octubre de 2015

O día que a Lúa se puxo de cor vermella


 

Tamén aprendimos a canción: "Lúa ":

Que pertence ao Libro-disco: XIQUI XOQUE, FIU FIU. María Fumaça Ed. Galaxia.





martes, 6 de octubre de 2015

Hello song

Manu, the teacher, canta connosco unha canción para saudarnos..."The Hello song".

Podedes atopala no seguinte enlace...

lunes, 5 de octubre de 2015

Proxecto Horta

Levamos uns días investigando e experimentando sobre como comezar a nosa pequena horta, despois de que chegaran a aula unhas vainas de fabas.
O ano 2016 será o ano internacional das legumes, así que aproveitaremos esta temática para traballar todas as competencias.

Comezamos coa pregunta....¿que sabemos sobre a horta?


.- Ten Terra
.- Hai que regala e plantala
.- Hai que enterrar as prantas
.- Plantamos pementos
.- E patacas
.- E tomates

O primeiro que fixemos foi averiguar que había dentro das vainas...

 


Contamos todas as fabas e asociamolas co número que representa esa cantidade: 1, 2, 3 ou 4.







Logo, descubrimos os materiais necesarios e puxemos en práctica os pasos que foron dicindo os nenos e nenas.


Para que non se nos esqueza como iniciamos o proxecto, deixamos por escrito os primeiros coñecementos. Primeiro recortamos as palabras, na pizarra buscamos que palabra correspondía a cada alimento e pegámola. Por último dimos cor aos tomates, patacas e pementos.








jueves, 1 de octubre de 2015

Benvidos/as


Benvidos/as ao blog! Comezamos un curso novo cheo de novos descubrimentos e aprendizaxes. Neste primeiro mes reforzamos as rutinas, coñecimos novos compañeiros e descubrín todo o que xa saben estes nenos e nenas que xa están en 5º de infantil.


O ano 2016 é o ano internacional das legumes, e desde a equipa de infantil pareceunos interesante descubrir o mundo da horta, e ese será o proxecto que traballaremos para, desde ahí, conseguir os obexectivos e contidos deste curso escolar. A temática do arte será traballada ademáis por todo o centro.

Xa van chegando cousiñas á aula, e o noso pequeno invernadeiro vai collendo forma.


Benvidos e benvidas a aula dos vosos fillos e fillas, invitámosvos a que pasedes e miredes todo o que descubrimos e aprendemos.