sábado, 28 de noviembre de 2015

O Pazo de Mariñán

Rematamos a semana coa visita ao Pazo de Mariñán. Yolanda, a guía, amosounos o seu interior e explicounos como vivía alí a nobleza hai moitos anos.

Coñecimos a lareira, onde cociñaban e se calentaban, a entrada co seu mobiliario tan elegante, os salóns azul, verde e rosa onde recibían a xente; o comedor (aquí acordámonos de Encarna), e moitos lugares máis...tamén vimos como era un braseiro antigo.

Estaba cheo de cadros xigantes e había moitas obras de arte. Xa no exterior perdímonos entre os laberintos de "Boj", atopamos as camelias cheas de flores e moitas árbores máis.

Ah! Non olvidamos pedir un desexo no "Pozo dos desexos"

 
 



E na aula...




jueves, 26 de noviembre de 2015

As vosas mensaxes!

Hoxe na aula limos as mensaxes que estades a deixar nas entradas do blog! 

Que emoción!! 

Por que non invitades aos nenos e nenas a escribir unha mensaxe para que a leamos na aula ao día seguinte?

A calma

A través do conto: O monstruo de cores (que podedes ver e escoitar no enlace "Cóntame un conto" ou facendo clic enriba da palabra) estamos a traballar as emocións.

Coñecimos a calma, que é de cor verde. Así que enchimos o tarro da calma con aquelas cousas que nos gusta facer e coas que estamos en tranquilos e tranquilas.

- Elexiron as pinturas, porque pintando consiguen estar en calma.
- Unha pluma, para dar masaxes.
-Un boneco blandiño.
-Plastilina
-Xogar ás construccións...

¿E a vós....que cousas os axudan a calmaros?



miércoles, 25 de noviembre de 2015

Día mundial contra a violencia de xénero

Hoxe é o día mundial contra a violencia de xénero, unha conmemoración que non debemos pasar por alto nas aulas.
¿Que fixemos na aula? Primeiro, coma sempre, falar sobre o tema, centrándonos en que nenos e nenas somos iguais e temos os mesmos dereitos e capacidades, por iso todos e todas nos respetamos na aula.
No centro fixemos un recuncho cheo de nenos e nenas, amigos e amigas que se respetan. Cada un coloreou o seu, logo, os nenos e nenas de infantil fixemos unha campaña de vacinación contra a violencia. Agora xa somos inmunes.



 

 



martes, 24 de noviembre de 2015

Land Art

Como sabedes estamos a traballar a arte desde todas as súas perspectivas. Coñecimos a pintura, o collage...e agora...imos facer arte cos elementos da natureza e a interacción do noso corpo con elas.
Son moitos os artistas que deixan os seus talleres para interactuar coa natureza. Un deles é Richard Long e fai esculturas con pedras sempre coa simboloxía do círculo.


Un día na aula...apareceron pedras, e aínda que de primeiras podería parecer perigoso, cada neno/a sabe en que momento as utilizamos e como. O primeiro que fixemos foi elexir a nosa, poñerlle o nome e describila: cor, forma, temperatura...

Xa levamos uns días introducíndoas nas rutinas da asamblea e así saber quen está no cole e quen quedou na casa. E cada día facemos unha "obra de arte" nova...


 


sábado, 21 de noviembre de 2015

Lápis máxico

Despois dunha semana moi boa de traballo e comportamento...
un agasallo!!!

Plumas máxicas con poderes para facer os traballiños!!



jueves, 19 de noviembre de 2015

Plantamos 6 leitugas



E o traballo posterior... 
1º: Contamos as macetas que plantamos e escribimos o número.
2º: Coloreamos unicamente as macetas que pon no número debaixo de cada caixiña.

Truco: descargade a imaxe e abridea e "paint" así practican o control do rato no ordenador.


martes, 17 de noviembre de 2015

Xogamos na rede

Hoxe estreamos a aula de informática. Os martes despois de comer temos unha hora asignada para poder ir aprender a usar o ordenador mediante logos educativos.

No blog iremos poñendo enlaces ás páxinas que utilicemos para que tamén poidades xogar na casa.


Xusto á dereita  
Se picadas enriba da imaxe, abrirase a páxina (Se os deixades a eles/as xa saben)

lunes, 16 de noviembre de 2015

A paz

Hoxe na asamblea, saíu un tema que, tristemente, está sendo o protagonista nos medios de comunicación.

A pregunta inicial foi: Alguén sabe que pasou en París? e entre eles empezaron a facer dentro das súas posibilidades, unha reconstrucción do que pasou e sobre todo o porqué. Saíron palabras como "malos" "guerra" e "morte", e todos/as contaron e falaron sobre o que sabían e coñecían. 

Debido a importancia que este tema ten, centrámonos en falar da importancia da PAZ e entre todos definimos o seu significado.

Aínda que é un tema moi complexo, é necesario comezar, nestas idades, a traballar os valores e a convivencia, por iso na aula decidimos que entre todos imos colaborar para conseguir a PAZ.









viernes, 13 de noviembre de 2015

Libro dos nomes

Un recurso moi fácil para coñecer as letras, identificar os nomes e adentrarnos no mundo da lectoescritura...nós xa empezamos a xogar!



Reciclamos

Como xa sabedes no centro temos moi presente a importancia da reciclaxe, por iso este ano, cada aula responsabilizarase de separar o papel para logo reciclalo. Onte baleiramos o noso "pato" no colector do lixo de papel.

 


E vós, reciclades na casa??

martes, 10 de noviembre de 2015

Inauguramos o invernadoiro

Como xa sabedes, na aula comezamos a traballar sobre a horta e xa plantamos algunhas sementes, e desde hoxe, a nosa colleita ten xa un sitio adecuado para que medre: o invernadoiro.

 






As clases de 3, 4 e 5 anos traballaremolo en conxunto.
Mentres na aula as nosas fabas foron medrando, cada unha ao seu ritmo e aproveitamos para traballar os tamaños: pequena, mediana, grande, alta e baixa e tamén os seus cuantificadores: máis grande que....máis pequena que...
Tamén traballamos a secuencia temporal das sementes segundo o seu crecemento e as partes dunha planta: raíz, tallo e follas.



 


E o que non podía faltar era medirnos a nós...quen será o máis alto da clase? e o máis baixo?