lunes, 15 de febrero de 2016

Visita ao Museo de Belas Artes

O venres visitamos o museo de Belas Artes. Alí estábanos a esperar a guía, que con xogos explicounos algunhas cousas curiosas de distintos cadros e artistas.

A primeira sala que visitamos estaba chea de cadros moi antigos onde as persoaxes que neles se vían tiñan unhas carasterísticas moi peculiares: perrucas brancas, colares e luvas eran algúns dos seus complemnentos.


 

Despois tivemos que atopar fragmentos dun cadro de Urbano Lugrís, este pintor debuxou a cidade da Coruña, e neste cadro puidemos ver a Torre de Hércules. Logo tivemos que pintar a nosa propia  torre.

 

Na terceira sala que visitamos atopamos un cadro Xigante, máis alto ca nosa guía. Tivemos que nomear todas as cores que tiña esta obra e logo fixemos maxia coas láminas de cores.



Por último escoitamos a historia de Hércules e o xigante Xerión


Antes de Marchar fixemos a nosa propia obra basandonos nun cadro de Luis Seoane, un pintor galego.


1 comentario: