jueves, 12 de mayo de 2016

Performance-arte contemporáneo.

Xa que estamos no século XXI teremos tamén que investigar sobre a arte contemporánea. Neste caso experimentamos a través das instalacións ou performance.





Nesta modalidade o protagonista non é o autor da obra nin a obra en sí, senón o espectador.

Trasladamos esta proposta á nosa aula, e sentamos a observar o que ocorre. Como se moven os nenos, que materiais utilizan, como o corpo comeza a coller protagonismo e se apropian do espazo, ordenándoo e relacionándose entre si. Facendo ARTE, como eles dicían ao rematar a sesión.



Dividimos o grupo, xa que cun número reducido todas as experiencias son máis enriquecedoras. Ao rematar fixemos un debuxo representando o que cada un viviu.

Disfrutade vendo o vídeo, decidín subilo porque o estar  a cámara rápida non se aprecian as caras, se preferides que o quite facédemo saber.

PD. A actividade levouse a cabo durante 40  minutos aproximadamente)

(A semana que vén, continuamos)



 

 



No hay comentarios:

Publicar un comentario