sábado, 23 de abril de 2016

Día do Libro

Hoxe celébrase o día do Libro, coincidindo coa data na que faleceron Miguel de Cervantes e William Shakespeare.

Así, durante toda a semana no centro leváronse a cabo numerosas actividades na que os libros e contos foron os protagonistas.

Recibimos a visita de moitas familias que quixeron compartir con nós a hora de ler e descubrimos moitas hiostorias como:




Ademáis onte (venres) recibimos a visita dun clube de lectura do IES de Cambre, e explicáronnos quen é Manuel María (a que se lle adican este ano as letras galegas), recitáronnos uns poemas do autor e cantamos unha canción para a que tivemos que facer unha máscara dunha VACA.

 

 









PERO...o mellor está por chegar!!!

Como xa contamos, toda a semana estivemos a traballar sobre o conto: 

EL TENEDOR MÁGICO Y LA CUCHARA QUE NO SE PODÍA VER.

A historia xa está rematada...e agora só falta "editala", en breves mostraremos o resultado final!.
Todos os nenos e nenas participaron na súa creación, pensando os personaxes, as ilustracións e a historia. VIVA A IMAXINACIÓN DOS NOSOS PEQUENOS!

SÓ ME QUEDA DICIR QUE HOXE SÍ OU SÍ HAI QUE LER UN CONTIÑO ANTES DE IR DURMIR.

BOA FIN DE SEMANA







1 comentario:

  1. Da gusto ver como os rapaces adolescentes comparten o seu tempo en ensinar os pequerrechos,faime recordar que neste mundo de locura e estres o mais importante e interactuar cos outros seres humans.
    Que sorte teñen os nosos fillos de ter este profesorado.Grande Torrente Ballester,noraboa a todos.

    ResponderEliminar