lunes, 20 de junio de 2016

Familias:

Nestes días levaredes todas as imaxes no pendrive. Revisadeos ben e calquera erro, eu estarei polo centro ata o día 30 en horario de mañá (a partir das 10:00).
Ademáis das imaxes, tamén atoparedes os videos máis significativos do curso e como despedida: buscade o LIP DUB, un video que fixemos en colaboración de todo o cole para rematar un ano de moito traballo e que os nenos/as están deseando que podades ver.

BO VERÁN!

viernes, 17 de junio de 2016

Recolleita

Durante todo este ano sementamos. Pero  non só produtos da horta. Sementamos normas, valores, contidos, compañerismo, aprendimos arte, letras, números, a ordenar, a ser autónomos, a falar os problemas, a coidar os materiais, a inventar contos, a contar coas familias, a recoñecer os nosos sentimentos, a ser amigos, a xogar....

a ser nenos e nenas.


Toca o momento da recolleita... e foi moi boa!






martes, 7 de junio de 2016

Visita ao invernadoiro

Hoxe aprendimos moitas cousas grazas á familia de Uxia (5 anos). Tiña 3 invernadoiros con pementos, cebolas, tomates, allos...

Á volta paramos merendar e xogar un ratiño  no parque "da pista".


jueves, 2 de junio de 2016

Os elefantes

Noa elaborou unha historia moi interesante para explicarnos cousiñas dos elefantes. Fixoo moi ben, logo pedínlle que o volvera contar para gravalo....estaba un pouco tímida. Aí vai a información:








martes, 31 de mayo de 2016

Cos pés na terra

Hoxe saímos cantar. Por qué non? din que así medrarán máis contentos o noso carballo e castiñeiro.


A canción  "Cos pés na terra", de Brinca vai.
 





sábado, 28 de mayo de 2016

Pavo real



Martina explicounos moi ben algunhas curiosidades sobre os PAVOS REAIS (machos e femias).



MACHO

FEMIA
FAMILIA 


Neste último video podemos escoitar como canta un pavo real.













Aldea Nova

Aquí vos deixo unhas imaxes da excursión do pasado mércores á granxa escola de Aldea Nova, onde realizamos diferentes obradoiros como facer pan, prantar no invernadoiro, visitar os panais de abellas e aprender a facer unha vela coa sua cera, e visitar as cuadras e establos dos cabalos.


 

 
 

 


E...ADEMÁIS, FESTEXAMOS O CUMPLE DE HÉCTOR!



CROCODRILO


Tomás explicounos un pouquiño sobre o mundo dos reptis. E entre todos elexiu o CROCODILO

Xa temos unha páxina máis no noso ANIMALARIO...







domingo, 22 de mayo de 2016

El tenedor y la cuchara mágica

Por fin....a estrea en primicia do conto que crearon e ilustraron os nosos nenos e nenas para festexar o día do Libro.


Só falta a edición en papel!!



sábado, 21 de mayo de 2016

O tiburón martelo


COMEZAMOS CO MUNDO DOS ANIMAIS
Dentro duns días visitaremos a granxa-escola e queremos ser uns expertos en todo tipo de animais.

O que estamos a facer son pequenas investigacións e busqueda de información a través dos materiais que estades a aportar, libros da biblio e na rede.
O traballo final é un album de "cromos" co animal que elexiu cada neno e nena, xunto cunha "ficha técnica" con algúns datos: alimentación, habitat, reproducción...

LUCAS ELEXIU: TIBURÓN MARTELO


Despois de pegar cada un o seu cromo, debuxamos o noso propio tiburón martelo